Skip to Content

Artículos

NON SE PODEN SUBIR IMAXES

Intentábamos poñernos ao día na Galería e atopámonos cos seguintes problemas

 

1º "IMPOSIBLE MOVER"...Iso é o que pon cando se intenta subir unha imaxe ( o tamaño entra dos parámetros)

2º Cando intento borrar uns arquivos ( supoño que serían dalgunha práctica) aparece o seguinte:

" El directorio 'albums/userpics/10001/' no tiene permisos de escritura, los archivos no pueden ser borrados."

 Agradecería unha rápida solución

Grazas

Subida masiva de fotos

Bos días.

Ata agora facía a subida de fotos tal e como se explica no enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/513, xa que utilizaba XP, e a verdade e que é moi sinxelo. O problema é que está un pouco obsololeto, xa que os ordenadores empezan a ter instalado windows 8, coma no noso caso. Para poder facelo hai que andar polo colexio buscando un ordenador desocupado, que teña XP, e ademais funcione a subida... porque están un pouco vellos.

¿Existe algunha outra forma de facelo utilizando Windows 8? Moitas grazas.

Administración de usuarios e categoría

Boas

No centro estamos xestionando a galería de tal forma que:

  • Quen quere ten a súa propia subcategoría para publicar fotos da súa aula/traballo dentro dunha categoría superrior que coincide co curso académico no que se está.
  • Publícanse fotos das actividades xerais do centro.

É posible rexistrar usuarios que teñan acceso a unha subcategoría concreta e poidan crear álbumes e subir fotos só dentro desa subcategoría? Se é posible, como?

Usuarios de Coppermine desaparecidos!

Non sei se lle pasou a alguén máis, pero eu tiña dados de alta a todos os alumnos dun curso para que poideran visualizar e facer comentarios nun álbum, pero de boas a primeiras desapareceron.

Creo que non toquei nada raro, porque o estraño do caso é que cando entran co seu nome de usuario e contrasinal, os/as nenos/as reciben o aviso de "Benvido, fulanito", pero non se pode acceder a nada, nen tan siquera se pode cerrar a sesión, sempre temos en pantalla a ligazón "Ingresar".

Se tento rexistralos de novo, o programa di que xa existen usuarios con ese nome.

Como se pode resolver o misterio?

Grazas pola axuda.

Subir imaxenes en bloque

Xa seguin este titorial http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/513. Xa comentei que non funciona....

Algunha alma caritativa pode axudarme. Paso moitas horas subindo fotos de 10 en 10... un suplicio....

 

 

AXUDAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA

As imaxes suben a galería pero sen cor

Ola:

Cando cargo imaxes na  galería, estas suben sen cor e como se o ficheiro estivera mal. Baixeilles a resolución co Paint e  ocórreme desde hai tempo.

Podedes darme unha solución?

CEIP AGOLADA

XA ATOPEI COMO ARRANXALO !!!!

Xa din coa solución que comento por se a alguén lle ocorre o mesmo. O problema era da configuración da galería. Fun a CONFIGURACIÓN/Configuración avanzada de archivos e imágenes miniatura/Método para el reescalado de imágenes/

Gd versión 2x , antes tenía GD versiñon 1x

UN SAÚDO

 

Recuperar a configuracion da galería

Hola:

Intentando cambiar o aspecto da galería Coppermine con distintos temas tiven sin darme conta o error fatídico de "restaurar os valores determinado" e perdín todala configuración.

Sabedes a configuración de:

Directorio base dos albums

Directorio para os archivos dos usuarios

Grazas



Subir imaxes

Me parece que estamos todos dacordo en que uns dos grandes defectos da galería e a maneira de subir as fotos. De todo o que revisei e dado que o facelo por vía ftp vai desaparecer so queda o publicado en http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/513. O inconveniente (menor) de que temos que ter o xp. Pero nos non o damos feito funcionar. Se alguén nolo pode explicar, a verdade sería de agradecer. Contovos que feitos os pasos a resposta é "windows non pudo conectarse a internet o el servicio web devolvió una pagina de asistente no válida". Xa puxen o modo debug, pero o que non sei e "téntao con unha soa imaxe e comproba as mensaxes de erro no xp_publish.log arquivo ubicado no directorio do Coppermine no teu servidor." Primeiro non sei onde esta o directorio do coppermine no meu servidor, e que é o que teño que mirar nesas mensaxes. Xa sei que non sei nada, pero quero intentalo. Gracias de antemán.

Añadir ficheros

Boas! Vexo que é unha dúbida frecuente, pero non atopo a resposta. Para engadir moitas fotos xuntas, creei un álbum en Picasa e copiei a dirección no espazo URL que aparece en "Añadir archivos" pero non vai ben. ¿Como podo facelo? Moitas gracias.

Non nos aclaramoso cos permisos dos albums

Aínda que xa vimos o manual non sabemos onde premer en album na opción usuario??????? para dar permiso e o que nos ocorre e que so os administradores poden subir fotos. Perdoade a nosa ignorancia . Moitas gracias


by Dr. Radut