Santiago de Compostela, 10/11/12 de novembro
ESTÁN DISPOÑIBLES OS MATERIAIS E OS VÍDEOS DAS SESIÓNS DO CONGRESO:
Santiago de Compostela, 10/11/12 de novembro
ESTÁN DISPOÑIBLES OS MATERIAIS E OS VÍDEOS DAS SESIÓNS DO CONGRESO:
O IES Monelos (A Coruña) e o boletín de divulgación matermática TETRACTIS, convocan o V CERTAME DE MATMONÓLOGOS, en convocatoria aberta, con distintas categorías. Poderán participar alumnos e alumnas de primaria, secundaria, bacharelato, e persoas en xeral maiores de 18 anos. Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras, en galego ou castelán. O prazo de presentación, que se fará no propio IES Monelos ou a través de correo postal, remata o 2 de maio de 2012. O 15 de maio será o acto para a defense dos monólogos, ben polo autor ou ben por un alumno do IES. As bases desta interesante iniciativa pode verse AQUÍ.
No boletín TETRACTIS podemos ver os resultados do certame anterior e coñecer os guións que foran premiados en 2011.
Á formación dos máis novos nunha Cultura de Paz esixe romper esquemas, rachar inercias e chamarlle ás cousas polo seu nome. As biblitoecas escolares galegas lideran nos centros iniciativas que procuran unha educación en valores sen paliativos, unha educación de cidadáns activos con capacidade para sentir, para pensar, para expresarse e actuar. Algúns exemplos de actividades levadas a cabo nesta semana a cabalo entre xaneiro e febreiro nos centros galegos:
Na páxina do Seminario de Educación para a Paz pódense atopar máis informacións, materiais e propostas.
No IES PERDOURO de Burela (Lugo) deron comezo os IV Encontros de Banda Deseñada na Mariña, unha cita xa ben asentada na dinámica do centro, con ampla repercusión na comarca. Estes encontros, organizados conxuntamente pola Biblioteca do centro e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, implica a todo o profesorado e alumnado do centro e conta coa colaboración do concello de Burela. Podemos ver imaxes do acto de inauguración que tivo lugar na biblioteca o día 18 de xaneiro, á hora do recreo, no blog dos encontros BANDA DESEXADA.
En palabras dos organizadores, os encontros pretenden, por un lado, a posta en coñecemento do apaixoante mundo do cómic e, por outro, dinamizar a vida da Biblioteca, xa que o cómic é un bo recurso para fomentar a lectura entre o máis novos. A adquisión de moitas obras novas para os fondos da Comiteca posibilita a consulta e a lectura de calidade, o que fai que o noso alumnado mostre interese por este tipo de obras.
Ademáis das actividades programadas (obradoiros, encontros, exposicións, proxeccións de películas...), a biblioteca do IES Perdouro convoca un concurso de creación de banda deseñada, con tres categorías: ata 13 anos, de 14 a 18 anos e unha categoría aberta. Pódense consultar as BASES no blogue dos encontros. O prazo de presentación de orixinais remata o 20 de marzo de 2012.
O Portal Educativo da Consellería de Educación e O.Universitaria, publica a Resolución de 30 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se adxudican contías para o funcionamento de CLUBS DE LECTURA, para o curso 2011/2012, ao abeiro da convocatoria de 1 de setembro. En total, reciben axudas 215 centros públicos que matriculan alumnado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Persoas Adultas, Ensinanzas de Réxime Especial.
No BOE do 20/12/11 a Secretaría de Estado de Educación fai pública a resolución do concurso nacional de boas prácticas na dinamización e innovación das bibliotecas dos centros escolares para o ano 2011. Lembramos os centros galegos que recibiron galardón na convocatoria deste ano:
Parabéns, unha vez máis, a todas as comunidades educativas que ven recoñecidos así os seus esforzos por facer posible esas pequenas utopías que son as bibliotecas escolares. Reproducimos do BOE a explicación do primeiro premio, que resulta signnificativa:
En la modalidad a) correspondiente a los Centros de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial y Educación de Personas Adultas los siguientes premios:
– Un primer premio dotado con 14.000 euros al centro: CEIP A Lama, de A Lama (Pontevedra), por haber convertido la biblioteca en un recurso de primer orden al servicio del currículum y del proyecto educativo del centro, favoreciendo el desarrollo de las competencias básicas a través de un espacio multimedia bien organizado, gestionado y adaptado a las necesidades de la comunidad escolar.
Achégase o final de ano e con el o tempo de Nadal. As bibliotecas escolares galegas comezan a difundir as súas recomendacións de lecturas para estas datas: seleccións de títulos recentes e outros non tanto, que hai moito bo que recuperar para os lectores máis novos. Libros, cine, música... porque as lectoras, os lectores, que medran en contacto coas diversas manifestacións da cultura desenvolven maiores capacidades de comprensión dos textos, teñen máis recursos cos que enfrentarse ás novas aprendizaxes. Porque a ler se aprende lendo, velaquí algunhas propostas:
Untitled from edu plastica on Vimeo.
As bibliotecas escolares ofrecen oportunidades múltiples á hora de alfabetizar ao alumnado na cultura audiovisual. Son xa moitos os centros que aproveitan estas posibilidades no seu empeño por formar a mozos e mozas nas linguaxes da imaxe e dos medios audiovisuais, a través dos obradoiros de imaxe e a produción de curtas. Velaquí un exemplo desde o IES As Barxas (Moaña), unha colaboración entre a biblioteca e o Departamento de Plástica.
Ademais de guías de lectura ou recomendacións, as bibliotecas escolares están a difundir diversas publicacións de interese: boletíns trimestrais, guías para colaboradores, guías para pais, boletíns temáticos... Velaquí unha pequena selección:
O Ministerio de Educación vén de comunicarlle á esta consellería que no Concurso Nacional de boas prácticas na xestión e dinamización das bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2011, acadaron galardón seis bibliotecas escolares desta comunidade. Por segundo ano consecutivo, o primeiro premio na modalidade de ensino infantil e primario é para un centro galego. Velaquí a relación de centros premiados:
Parabéns ás comunidades educativas destes centros polo esforzo realizado, e polo recoñecemento que estes premios supoñen á profesionalidade e o compromiso do profesorado que pon en marcha e mantén estas bibliotecas, estes espazos educativos de primeiro nivel. As nenas e os nenos que se forman nelas como lectores e como cidadáns, ben o merecen.
Unha vez máis, a Consejería de Educación de Extremadura inclúe no programa das súas xornadas de bibliotecas escolares a experiencia de bibliotecas de centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia. Nestas VII Jornadas sobre Bibliotecas Escolares de Extremadura, a celebrar en Cáceres o día 30 de novembro, van participar dúas bibliotecas:
As bibliotecas escolares galegas celebran esta excelente representación do traballo que, a cotío, se realiza en centros educativos da nosa comunidade.
No contexto do pasado congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Santiago de Compostela, o Ministerio de Educación distribuíu entre os asistentes e fixo a presentación do "Marco de referencia para las bibliotecas escolares", documento elaborado no seo da Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares (que está integrada á súa vez no Consejo de Cooperación Bibliotecaria), da que forman parte representantes do Ministerio e das distintas CCAA que traballan en materia de bibliotecas escolares e lectura nas respectivas consellerías. Tal e como se di na introdución deste documento, "el Ministerio de Educación ha creído conveniente elaborar unas orientaciones dirigidas a todos los miembros de la comunidad escolar, especialmente a los responsables de las políticas educativas y a cuantos técnicos y asesores docentes deben poner en marcha, asesorar o evaluar las bibliotecas de cada centro".
Este "documento de Santiago" presenta o modelo de biblioteca escolar que precisa o actual sistema educativo, sinala as condicións básicas para o seu correcto funcionamento e os ámbitos de actuación que, desde a biblioteca escolar, permiten o desenvolvemento de metodoloxías activas. Pode ser un instrumento para a formación dos integrantes dos equipos de biblioteca, para a orientación das comunidades educativas á hora de analizar a situación da súa biblioteca escolar e de planificar melloras na práctica xa iniciada. Xunto coa guía para a autoavaliación da biblioteca escolar, Bibliotecas escolares, ¿entre interrogantes?, tamén presentada no seo do congreso, constitúe unha equipaxe valiosa para quen, desde distintos postos e ámbitos de actuación, está interesado polas bibliotecas escolares e a calidade da ensinanza nos centros.
Outras referencias na Rede:
Son moitos os centros escolares que están xa empregando os recursos audiovisuais co seu alumnado, dunha forma activa. Velaquí un exemplo de producíón propia coa colaboración do alumnado que ilustra a vida cotiá dunha biblioteca escolar, neste caso, a do IES de Ponteceso (A Coruña). Os rapaces e rapazas de 1º de ESO participan nunha sesión de formación de usuari@s; tamén podemos asistir á lectura de contos de medo, co gallo do Samaín. Un exemplo da actividade deste centro e unha iniciativa de "documentación" da actividade da biblioteca que resulta de gran interese.
Este vídeo foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
A Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a través do portal especializado en lectura LECTURA LAB, vén de publicar a guía para a autoavaliación das bibliotecas escolares, que se presentara hai uns días no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito. Inés Miret, Inmaculada Vellosillo, Teresa Mañá e Mónica Baró son as autoras desta ferramenta, "Bibliotecas escolares, ¿entre interrogantes?", que pretende facilitar ás comunidades educativas radiografiar as súas propias bibliotecas, contribuír á mellora da súa práctica neste ámbito, e potenciar o uso destes recursos educativos, en beneficio dunha educación máis adaptada ás necesidades do alumnado actual. Éste material publícase coa colaboración do Ministerio de Educación.
Achégase o mes de outubro e as bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividade. Por moi escuro que sexa o futuro, sen dúbida está aí, chamando á porta, e as bibliotecas han estar preparadas e adiantarse un paso, sen deixar de soñar.
Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.
+ información sobre EMMA RÍOS no portal Banda Deseñada, do Consello da Cultura Galega.
O DOG do 13 de setembro publica a Orde de 1 de setembro pola que se resolve o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, para o curso 2011/2012. Incorpóranse 84 novos centros a este programa, que se iniciara no curso 2005/2006 co obxectivo de impulsar a renovación e a actualización das bibliotecas dos centros de ensino non universitario. Actualmente integran o Plan de mellora de b.e. un total de 449 centros públicos, de distintos niveis de ensino.
O Portal Educativo publica, con data 1 de setembro de 2011, a convocatoria pola que se incentiva o funcionamento de Clubs de Lectura en centros de titularidade da Consellería de Educación, que acollan ensinanzas de ensino secundario, bacharelato, formación profesional e de réxime especial, para o curso 2011/2012. O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de outubro.