Xustificación gastos PLAMBE 2016/2017

Impresos para xustificación das asignacións PLAMBE para o curso 2016/2017

Impresos para xustificación do gasto 2016/2017 que deberán enviarse xunto coa memoria do curso antes do 10 de xuño de 2017.

- CENTROS PÚBLICOS:

INCORPORACIÓN DE GASTO: O gasto realizado desde o 26 de outubro de 2016 (data de publicación no DOG da resolución definitiva) até o 31 de decembro de 2016 deberá reflectirse neste documento, así como o remanente que se traslada ao orzamento do 2017. É un requisito contable que deberá xuntarse co anexo IX da xustificación final do gasto PLAMBE 2016/2017.

XUSTIFICACIÓN DO GASTO: deberá incluír todo o gasto efectuado desde o 26 de outubro ao 10 de xuño de 2017, data final de presentación da xustificación e da memoria final.  

 

- CENTROS PRIVADOS CONCERTADOS: Deberán ter en conta todo o contemplado no artigo 9, punto 2, da Orde do 23 de maio de 2016 pola que se convocou o Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2016/2017 (DOG do 8 de xuño). Deberá acompañarse o Anexo X xunto coas facturas correspondentes aos dous períodos: 2016 - 2017, debidamente diferenciadas.