Proxectos premiados. Curso 2014/2015

Rus entre Planetas. CEIP Canosa-Rus (Coristanco). Premio II Concurso de Traballos por Proxectos

O CEIP Canosa-Rus, de Coristanco (A Coruña) involucrouse durante o curso 2014/2015 nun proxecto documental integrado, coa participación de toda a comunidade educativa, baixo o título RUS ENTRE PLANETAS. Este traballo mereceu un dos premios do II Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na modalidade de Proxectos Documentais Integrados coordinados desde a biblioteca escolar. 
Planificación, liderazgo da biblioteca e a excelente coordinación dos diferentes equipos docentes son claves no desenvolvemento deste proxecto que permitiu ás nenas e nenos do Canosa-Rus achegarse ao mundo da astronomía desde distintos ámbitos e participar así dunha experiencia de aprendizaxe viva e enriquecedora. A memoria do proxecto resume obxectivos, contidos e tarefas realizadas, entre outras cuestións, e a web específica do proxecto amplía toda a información e permítenos coñecer con maior profundiade o traballo realizado e o clima de implicación (e de satisfacción)  dos distintos sectores da comunidade educativa. Ensino de calidade no rural galego! 

DOCUNAUTAS. IES Xoán Montes (Lugo). Premio II Concurso de Traballos por Proxectos.

Docunautas é o título do proxecto levado a cabo polo alumnado de 1º de ESO do IES Xoán Montes, de Lugo, durante o curso 2014/2015 e que mereceu un dos premios do II Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U., na modalidade de "proxectos realizados na materia de 1º de ESO Proxecto Interdisciplinar".

Este proxecto anual, centrado nas expedicións históricas e as persoas que as levaron a cabo tiña tamén como obxectivo axudar o alumnado a desenvolver competencia informacional. A memoria e toda a documentación contida no site específico do Proxecto permiten coñecer en profundidade todo o proceso, as finalidades do mesmo, os contidos traballados e os recursos empregados. 

Traballos galardaodos no II Concurso de Traballos por Proxectos (curso 2014/2015)

Velaquí a relación dos centros que resultaron recoñecidos no II Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Dirección Xeral de Centros e RRHH, no contexto do Plan LÍA de bibliotecas escolares  (Lectura, Información, Aprendizaxe) para experiencias levadas a cabo durante o curso 2014/2015. Os centros teñen enlaces directos aos seus traballos. De todos modos iranse difundindo un a un os diferentes proxectos galardoados neste mesmo apartado.

 Modalidade  Temática  Título
 Centro  Concello  Provincia
 1. ProxectosDocumentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar  Xenérica  Construímos  CEIP Quintela
 Moaña  Pontevedra
 Un mundo de cor
 CEIP da Torre-Cela
 Bueu  Pontevedra
 Pastoriza 101 nomes
 EEI Barrionovo
 Arteixo  A Coruña
 Científica  A auga na contorna de Tui
 CRA Mestra Clara Torres  Tui  Pontevedra
 Rus entre planetas
 CEIP Canosa-Rus
 Coristanco  A Coruña
 Feira da Luz - IY2015
 IES Pedra da Auga
 Ponteareas  Pontevedra
  2.a. Proxectos de investigación de grupo/nivel  Xenérica  Medievalízate  IES Celanova Celso Emilio Ferreiro
 Celanova  Ourense
 Axencia literaria
 IES Manuel García Barros
 A Estrada  Pontevedra
 Científica  A Lúa
 CEIP Feliciano Barrera
 Ponteareas  Pontevedra
 As avespas
 CEIP P. Pepe de Xan Baña
 Santa Comba  A Coruña
 2.b. Proxectos de investigación de ciclo/departamento  Xenérica  Pegadas artísticas de Redondela
 CEIP de Porto Cabeiro
 Redondela  Pontevedra
 Eu xogo coma antes
 CIFP Portovello
 Ourense  Ourense
 Científica  A química na cociña
 CIFP Manuel Antonio  Vigo  Pontevedra
 2.c. Proxectos realizados na materia de 1º ESO "Proxecto Interdisciplinar"  Xenérica   Docunautas  IES Xoán Montes
 Lugo  Lugo
Como chegou Cangas a ser unha villa olímpica?   IES Monte Carrasco  Cangas  Pontevedra
 Científica  As mulleres de mate
 IES Marco de Camballón
 Vila de Cruces  Pontevedra