"Radio na biblio" en marcha

 

O programa Rlogo do programa Radio na biblioADIO NA BIBLIO está dando xa os primeiros pasos nos 20 centros seleccionados nesta primeira convocatoria. Chéganos noticia de inauguración de espazos xa preparados, de emisoras xa en marcha e de obradoiros nos propios centros (tal e como estaba previsto) para formarse alumnado e profesorado nos rudimentos para botar a andar cadanseu laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar.

Así, na páxina web do CEIP P. de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) podemos ver a preparación dun recuncho do centro como emisora de radio, cun resultado fantástico. Imaxinamos á rapazada desexosa de traballar nese laboratorio de radio.

Tamén neste centro celebraron xa un obradoiro formativo con membros do colectivo PONTE NAS ONDAS, destinado ao alumnado e que podemos ver en detalle na información que subiron ao seu blogue de biblioteca.

Outro centro que está preparando xa o seu laboratorio de radio é o CRA de Meis (Meis, Pontevedra), tal e como anuncian no seu blogue. 

Realizaron tamén un primeiro obradoiro de formación foi o CEIP Agolada (Agolada, Pontevedra), desta vez co grupo Laboratorio de Radio, do que se poden ver imaxes nesta ligazón do seu blogue: Agolaín Radio. Poderase escoitar en breve unha primeira emisión elaborada polo alumnado. 

Outros centros comezaron tamén a formación, desta vez con membros do colectivo Rede Espora, foron o CEIP Virxe do Carme, de Sober (Lugo), o CEIP Víctor Sáenz, de Mazaricos (A Coruña), o IES de Porto do Son, o CEIP Milladoiro, de Malpica (A Coruña)ou o CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal (Pontevedra).

Este último  centro vén de convocar un concurso de ideas entre o seu alumnado para a elección dun nome e un logo específico para o seu laboratorio de radio. Pola súa parte, nenas e nenos do CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón, Lugo), visitaron como iniciación ao mundo da radio a emisora local da cadena Ser en Monforte, como podemos ver no seu blogue. E tamén irán de visita a unha radio local, neste caso a emisora Cope de Pontevedra, alumnos e alumnas de 5º curso do CEIP Valle-Inclán, de O Grove (Pontevedra), que xa teñen tamén os materiais para montar o seu laboratorio de radio, segundo informan no seu blogue.