Programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2016/2017

O Portal Educativo publica a Resolución do 7 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a convocatoria do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2016/2017, integrado no PLAN LÍA 8Lectura, Información, Aprendizaxe) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As accións incluídas neste programa, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, van destinadas aos centros públicos de nivel non universitario e de titularidade desta consellería. 
Coas diferentes accións integradas en "Bibliotecas Escolares Solidarias" pre´tendese estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado dos niveis non universitarios e as súas familias, nos centros públicos de titulariade da consellería, e recoñecer os esforzos das comunidades educativas por conformar "bibliotecas escolares inclusivas", que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento e ao uso dos recursos culturais e de aprendizaxe, por calquera das causas posibles. No cadro que segue resúmense as diferentes accións do programa:

 

Iniciativa

Finalidade

Características

1

Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”

Recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.

  • Convocatoria anual.
  • Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2017.
  • Concesión dos selos (un máximo de 15 selos por curso escolar) 

2

Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)

Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.

Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial.

  • As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa, no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado (data límite: 20/12/2016).
  • Remitir datos alumnado  (data límite: 31/05/2017)

3

Voluntariado de lectura – A

(Primaria)

Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.
  • Inscrición con data límite 20/12/2016
  • Os centros inscritos presentarán memoria de actividades (data límite 25/04/2017).
  • Seleccionaranse  un mínimo de 4 experiencias. Concreción en convocatoria complementaria (febreiro-marzo de 2017).