Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2017/2018

O 2 de xuño publica o DOG a Orde de 19 de maio de 2017 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2017/2018.

Incorporarase un mínimo de 25 centros públicos e un máximo de 10 centros concertados, que se engadirán aos 615 centros que neste momento forman parte do PLAMBE, un programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, iniciado en 2005, através do cal se estimula a renovación das bibliotecas escolares, mudando as antigas bibliotecas en espazos creativos de aprendizaxe ao servizo do centro e da comunidade educativa, nos que a lectura e o traballo coa información, así como a educación para as competencias informacionais e mediáticas, son os principais ámbitos de actuación e onde se da cabida tamén á creación, a aprendizaxe manipulativa, a investigación, o traballo colaborativo e, tamén, a construción do coñecemento de xeito compartido. As solicitudes de nova incorporación ou de continuidade deben presentarse no anexo I da convocaroia, xunto coa documentación correspondente, antes do 3 de xullo de 2017.