Información sobre reservas

Deslocalización xeográfica de maletas viaxeiras

 

Neste curso 2017-2018 a Asesoría de Bibliotecas escolares aumentou o persoal de atención a centros incorporando dous novos postos que quedan localizados nos seguintes emprazamentos:

Asesoría Zona Norte

  • Asesora:  María Consuelo Gundín Rey
  • Enderezo: CFR Ferrol
    R/ O Galego Soto, s/n
    15403 Ferrol (A Coruña)
  • Teléfono: 981 370 541 (provisional)
  • E-mail: abe.zonanorte@edu.xunta.es

Asesoría Zona Sur

  • Asesor: Francisco César Díaz Rey
  • Enderezo:Xefatura Territorial de Educación
    R/ Avda. Fernández Ladreda, 43
    36003 Pontevedra (Pontevedra)
  • Teléfono: 986 805 209
  • E-mail: abe.zonasur@edu.xunta.es

Por este motivo, algunhas das maletas viaxeiras quedarán localizadas nestas novas seccións da Asesoría de Bibliotecas escolares para facilitar así o achegamento deste material aos centros educativos que o desexen empregar.

Dependendo da demanda de cada zona así como da dispoñibilidade de novas maletas iranse distribuíndo entre as tres localizacións: Santiago, Zona Norte e Zona Sur.

Información sobre a reserva das Maletas viaxeiras

Destinatarios:
A reserva de Maletas viaxeiras está dispoñible para todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que desexen participar.

Solicitude: para solicitar a maleta deberá cubir tódolos campos que figuran no formulario de reserva.

Confirmación:
unha vez realizada a solicitude recibirase na conta oficial de correo electrónico do centro unha mensaxe que conterá un enlace que permitirá confirmar dita solicitude polo centro educativo.

De non confirmarse dita solicitude nun prazo dunha semana, será eliminada e non será tida en conta.

Duración: a duración do préstamo será, como máximo, de un mes. Non obstante, poderase realizar unha prórroga do mesmo no caso de non esistir novas solicitudes da mesma maleta.

Recollida e devolución: o centro solicitante comprométese a recoller e devolver a maleta no seu lugar de localización.

Documentos relacionados: Protocolo para intercambio directo entre centros (PDF).

Enlace á aplicación: Maletas viaxeiras.