O 3
1 de maio será a data para a cita anual dos coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura que están a funcionar en 222 centros de ensino público de Galicia no presente curso. Será xa a VI Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar en sesións de mañá e tarde nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública).
Ao longo da xornada haberá ocasión para o encontro e o intercambio de experiencias; tamén está prevista a participación de Gemma Lluch, especialista en Literatura Infantil e Xuvenil, membro do grupo de investigadores ERI Lectura, da Universitat de Valencia. haberá un espazo para falar da "lectura social", a tendencia actual de intercambio de experiencia lectora a través das redes sociais, coa presenza dun dos impulsores de Redelibros, a rede social galega do libro, Xosé R. Lois. Poñerá fin á xornada o escritor Marcos Calveiro, un autor moi valorado polos lectores e as lectoras e con múltiples recoñecementos pola súa obra dentro e fóra de Galicia.
A VI Xornada dos Clubs de Lectura é unha oportunidade para coñecer as múltiples actividades que están levando a cabo os grupos de lectura creados en centros educativos de Galicia, que van constituíndose pouco a pouco e grupos de dinamización da lectura nas súas comunidades educativas de referencia, establecendo vínculos con outros grupos de lectores e contribuíndo a unha maior presenza dos libros e da lectura na vida social galega. Os clubs de lectura son unha das fórmulas de fomento da lectura coa xente nova, e cos adultos (preto dun 30% dos centros implicados teñen tamén grupo de lectura de adultos) , que máis contribúe á consolidación deste hábito, e á adquisición de competencia lectora (entre outras), esencial para a formación persoal e directamente relacionada co éxito académico.


O vindeiro 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A 
Eu ben vin estar o moucho

O Portal Educativo publica hoxe a
Achéganse os días de Nadal e as Bibliotecas Escolares Galegas comezan a difundir as súas recomendacións de lectura para estes días fríos. Estas "guías de lectura" recollen títulos de libros para todas as idades e sensibilidades lectoras e, nalgúns casos, tamen películas, música e enderezos electrónicos de interese. Responden ao traballo de selección realizado polos equipos de bibliotecas dos centros, e son un material de apoio ás familias co obxectivo de orientalas no seu labor de creación de hábitos de lectura entre os máis novos. Varias destas guías teñen o interese engadido de seren seleccións temáticas e estaren relacionadas con proxectos interdisciplinares ou proxectos documentais integrados, levados a cabo no centro durante o presente curso.
Co gallo da celebración do Día da Biblioteca, o pasado 24 de outubro, a Biblioteca Civican Pamplona edita unha completísima guía de lectura titulada
O Portal Educativo publica hoxe, 4 de setembro, a


Diante dun breve periodo de vacacións, neste inicio da primavera, as Bibliotecas Escolares Galegas difunden as súas propostas de lectura:
"Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchenos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas".


O Portal Educativo
Achégase o final de ano e con el o tempo de Nadal. As bibliotecas escolares galegas comezan a difundir as súas recomendacións de lecturas para estas datas: seleccións de títulos recentes e outros non tanto, que hai moito bo que recuperar para os lectores máis novos. Libros, cine, música... porque as lectoras, os lectores, que medran en contacto coas diversas manifestacións da cultura desenvolven maiores capacidades de comprensión dos textos, teñen máis recursos cos que enfrentarse ás novas aprendizaxes. Porque a ler se aprende lendo, velaquí algunhas propostas: