Guías de lectura

Lecturas recomendadas para o Nadal

Chega decembro e nas bibliotecas escolares continúan a ser fonte na que beber para quen ten gana de ler e sede de coñecemento. Estannos a chegar as novas recomendacións de lectura para este tempo de inverno, guías para unha lectura de calidade. Agradecemos o traballo dos equipos das bibliotecas que poñen as súas estudadas seleccións ao servizo de tod@s, e felicitamos por este traballo que favorece a formación do alumnado como lectores e lectoras e, ao tempo,  facilita a implicación das familias no labor de difusión do hábito da lectura. Velaquí algúns exemplos:

 

Novas guías de lectura... para o Día Internacional do Libro

Chegan novas guías de lectura, seleccións de gran interese elaboradas polos equipos das bibliotecas escolares, co fin de orientar as seleccións do alumnado, dar a coñecer novidades e títulos de referencia en relación a unha temática determinada, un xénero ou un autor. Son recursos fundamentais para os mediadores e a súa difusión serve, entre outras cousas, para rendabilizar o traballo de todos e todas e ampliar os efectos do traballo colaborativo. Detrás de cada guía de lectura, de cada selección, hai un traballo previo, de moitas horas de consulta de catálogos e visitas a  librerías e bibliotecas, de lectura e análise, de elaboración... un traballo que cómpre recoñecer e agradecer.

IES Poeta Añón, de Outes (A Coruña):

IES Pedra da Aguia, de Ponte do Porto (Camariñas):

Guías de lectura: matemáticas - física e química

A biblioteca escolar do IES Afonso X O Sabio, de Cambre, en colaboración dos diversos Departamentos do centro, continúa a elaborar interesantes e atractivas guías de lectura, que pon a disposición da comunidade educativa do centro e de todas as bibliotecas escolares, a través da súa páxina: http://biblioafonso.googlepages.com/home

Guías de Nadal - III

Guías de Lectura para o Nadal - II

 

 Máis guías de lectura para o Nadal:

Guías de lectura para o Nadal

   Achégase o tempo de vacacións e as bibliotecas están xa a elaborar as súas Guías de lectura para o Nadal.

Novela histórica

A biblioteca do IES Afonso X O Sabio publica a súa primeira guía de lectura do curso 07/08, nesta ocasión sobre novela histórica. Compre imprimila no mesmo folio e descubrir o xeito de pregala, a modo de entretemento. Smile

No blog desta biblioteca pódese acceder ao conxunto das guías de lectura que elaboraron ata o momento. http://biblioafonso.googlepages.com/home

Pásao de medo!

Guía de lecturas para pasar medo... nova achega da biblioteca do IES Río Cabe, de Monforte, neste novembro de 2007.

IES Río Cabe - Monforte de Lemos

Guías temáticas de lectura: seleccións de títulos e recursos para diversas áreas, achega xenerosa de Mª Luz Paramio dende o IES Río Cabe:

Guías de lectura para o verán

Coa chegada das vacacións, as bibliotecas escolares están a editar boletíns e guías de lectura con recomendacións para o verán:

IES Auga da Laxe - Gondomar

Dende o IES Auga da Laxe, Concha e o seu equipo poñen a disposición de tod@s unha relación de títulos "en igualdade":

IES Pintor Colmeiro - Silleda

Gracia e o seu equipo, dende Silleda, poñen a disposición de todas e todos novas guías de lectura:

Tamén están accesibles no seguinte enlace:

http://centros.edu.xunta.es/iespintorcolmeiro/biblioteca/boletin.htm

IES Leliadoura - Ribeira

Selección de libros para o Nadal 2006:

IES Afonso X O Sabio: novas guías de lectura

Antonio Martínez e o seu equipo publican novas guías temáticas de lectura:

Máis materiais e máis información no blog desta biblioteca escolar: http://biblioafonso.blogspot.com/

IES de Fene

Loly Lago e o seu equipo da biblioteca escolar do IES de Fene remítennos unha Guía de Lectura con novidades de Banda Deseñada:

IES Salvaterra de Miño

Día dos namorados 2007: selección de poemas, suxestións de lectura....

IES Sanxenxo - Portonovo - Sanxenxo

Boletíns informativos que incluímos aquí como guías de lectura por incluíren seleccións temáticas de gran interese: