Xunta de Galicia Bibliotecas escolares
Título:
Buscador avanzado - Bibliotecari@

Introdución á guía
(PDF - 206 kb)

 
Guía  
Dous centos de imprescindibles  
Xoves promesas  
Promesas con estrela  
Materiais informativos  
Outros soportes  
Enderezos electrónicos  
Recursos para a selección  
  »Editoriais  
  »Recursos Web  
  »Revistas  
  »Bibliografía
  (PDF - 44 kb)
 
Maleta viaxeira Maleta viaxeira
_________________
Documentos  

Táboa simplific. CDU
(PDF - 100 kb)

 
_________________
Contacto  
biblitecas escolares E-mail
Acerca de...  
 

GUÍA PARA A SELECCIÓN DE FONDOS DOCUMENTAIS NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
INFANTIL/PRIMARIA

 “Un mal libro é incapaz de inducir unha boa lectura” (C.S.Lewis)

Esta guía ten como finalidade orientar ao profesorado responsable das bibliotecas escolares dos centros de ensino infantil e primario, na selección dos materiais informativos e literarios que poidan adquirirse para a actualización das coleccións documentais.

Á hora de decidir os materiais que aparecen nesta guía tivéronse en conta criterios de calidade, idoneidade e diversidade. A guía recolle:

  • Dous centos de imprescindibles:unha selección de títulos, en galego e castelán, publicados con anterioridade ao 2002 (aínda que consten edicións actualizadas)
  • Xoves promesas: unha escolla de títulos que destacan pola súa calidade e idoneidade para os lectores a quen van dirixidos, entre os publicados dende xaneiro de 2002 ata Xuño de 2005.
  • Promesas con estrela: relación de títulos de referencia polos premios que acadaron (2002-2005)
  • Materiais informativos: selección de títulos de carácter informativo axeitados a estas idades.
  • Outros soportes: materiais presentados en soporte magnético ou electrónico e distinto formato (DVD, vídeo, audio, multimedia), de carácter informativo ou lúdico, publicados a partir de xaneiro de 2002 e seleccionados en función do seu interese para seren empregados no contexto escolar.
  • Enderezos electrónicos de interese para o profesorado e para o alumnado, de contido informativo e lúdico.
  • Recursos para a selección: editoriais galegas con coleccións destinadas ao público infantil, enderezos electrónicos, revistas especializadas, bibliografía e outros recursos a disposición do profesorado para afondar nas súas buscas de materiais.

A selección foi realizada por un grupo de traballo, o Grupo Guía, con representación de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), AGABEL (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura), Biblioteca Nova33, Federación de Libreiros de Galicia e Asociación Galega de Editores, coa coordinación da Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Nº de visitas:  61098    
    © Xunta de Galicia - 2007
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
[ Data de actualización: 23/05/2007 12:30 ]