A lus do mundo: experiencias TIC no IES Poeta Díaz Castro / ELENA ESPERANZA HAZ

Presentamos as actividades que desde diversos departamentos didácticos se desenvolveron no curso escolar 2013-14 arredor da figura de Xosé María Díaz Castro con ocasión do seu centenario e Ano das Letras Galegas 2014.

Trátase dun proxecto interdisciplinar cheo de actividades con vocación de permanencia que, partindo da cultura e do patrimonio próximo ao alumnado, conta e pretende a participación de toda a comunidade educativa: profesores, alumnos e familias vinculadas ao centro.

O portal www.alusdomundo.com recolle todo o traballo realizado polo centro: vídeos, música, recursos didácticos, curtametraxes e o roteiro interactivo Tralas pegadas de Díaz Castro, premiado pola Fundación Barrié dentro da modalidade Proxecto colaborativo.



Temática:

Traballo por proxectos, linguaxe audiovisual, aprendizaxe cooperativa, traballo interdisciplinar, avaliación con TIC

Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?

Educación Secundaria e Bacharelato.

SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS