A escola de todas: Incluíndote a TIC / PATRICIA PENA

Nesta presentación darase a coñecer unha experiencia persoal de tratamento da lingua oral e escrita a través da utilización de diferentes ferramentas dixitais dentro da aula de apoio: http://patripenalogopeda.blogspot.com.es/

Tamén se falará de "A Nosa Radio no Pedrayo", un dos programas que resultou finalista no certame que se celebrou o 13 de febreiro de 2014 para conmemorar o Día Internacional da Radio organizado por CampUSCulturae: http://anosaclasenooteropedrayo.blogspot.com.es/

Esta vai ser unha narración feita en perspectiva que englobará o traballo realizado durante os últimos dous anos con actividades que nacen na aula de AL e logo se trasladan ata a aula de Primaria. Terá como telón de fondo a inclusión educativa e a aceptación das diferenzas interpersoais como un feito enriquecedor para todos e todas. Ademais, intentarase dar unha visión da atención á diversidade desde unha perspectiva ampla comprendendo vertentes como a intervención co alumnado con NEAE, a coeducación ou a interculturalidade.



Temática:

Atención á diversidade

Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?

Educación Infantil, Educación Primaria, primeiros cursos de Educación Secundaria e membros do Departamento de Orientación.

ACCESO AOS MATERIAIS
SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS