Pictografando o mundo para os nosos pensadores visuais /MARÍA CRUZ DA SILVA

Sempre digo que o meu gran mestre é nesta vida o meu fillo, un rapaz marabilloso con autismo, que me fixo navegar por un mundo para min desco–ecido ata o seu diagnóstico xa hai 8 anos. Neste intre esta aprendizaxe persoal estanos servindo no meu colexio para axudar a outros/as nenos/as con TEA. Por outra banda a través da asociación da que son presidenta (por dereito) intento pór, ao alcance de quen queira aprender, estas ferramentas tic e todas aquelas que van xurdindo mediante obradoiros e xornadas anuais. Falareivos dalgunhas das ferramentas que considero fundamentais para traballar con pensadores visuais tanto para pc como para tabletas; usos desas ferramentas e como sacarlles partido; cousas prácticas e ao mesmo tempo moi útiles, enderezos de intereseÉ Se tes tableta non dubides en traela contigo!!



Temática:

Sistemas alternativos e/ou aumentativos para a comunicación e a aprendizaxe.

Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?

Educación Infantil e Educación Primaria.

ACCESO AOS MATERIAIS
SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS