Tres experiencias TIC no CEIP Ponte dos Brozos

• Codificación para nenas e e nenos creativ@s/ AURORA JOVE e MARÍA BEGOÑA CODESAL

Cada época require e precisa novas habilidades. Ao longo do tempo, en lugares diferentes ensinamos aos nosos fillos diferentes áreas, oficios etc. Na sociedade en que vivimos, o mundo está a cambiar constantemente, e moitas cousas que antes faciamos con lapis e papel, agora podemos facelas a través das novas tecnoloxías. No noso proxecto, o noso alumnado empregará o computational thinking para construír e resolver as tarefas ou os retos que lles imos propoñendo. Como? Pois empregando a programación: unha nova linguaxe para unha época nova. Pero... que é o que facemos cando programamos? A programación estimula a lóxica e supón unha iniciación á resolución de problemas. Os estudantes aprenderán a dividir os problemas en pequenos obxectivos concretos e alcanzables e terán que imaxinar a secuencia de procesos que se requiren para unha tarefa e globalizar a situación. É importante que saiban imaxinar como resolver un problema, pero o máis importante é coñecer e converter esa "idea" en algo concreto, é dicir, nun código que funciona. Nunha sociedade dixital e tecnolóxica como a nosa o noso obxectivo é que o alumnado sexa capaz de construír o seu ambiente persoal de aprendizaxe (PLE) a través das TIC. Grazas á programación, o alumnado será o compoñente fundamental e creará os seu propio portafolios dixital que abranguerá todas as áreas: historias interactivas, animacións, videoxogos, astronomía, xeometría, arte, publicidade... A linguaxe non será un obstáculo pois os proxectos créanse nas diferentes linguas do currículum. E para conseguilo empregarán unha app gratuíta, chamada Hopscotch. Para mostrar os seus avances poñeremos a disposición da comunidade educativa unha páxina web CODING IN ARTEIXO na que estarán os traballos dos estudantes e ademais titoriais e todo un amplo abano de actividades a partir dos personaxes de Hopscotch creadas con outras apps dispoñibles nos nosos dispositivos móbiles.




• As tic: As novas superheroínas das nosas aulas / CARMEN NEMIÑA e MONTSERRAT GONZÁLEZ

Ipads, realidade aumentada, Osmo, Sphero, programación, Bee-Bot, code, edi, código QR son palabras familiares para os nosos pequenos desde os tres anos. Todas estas aplicacións e materiais TIC están presentes nas nosas aulas de xeito cotián e medran con nós!




• Ideas tic en Bibliobrozos / PEPA SANJURJO e MARÍA CES

Reinventarse ou morrerÉ Internet cambiou radicalmente o xeito en que buscamos información ou contido neste mundo que cada vez é máis dixital e menos analóxico. As Bibliotecas Escolares deben encontrar o seu lugar neste mundo novo sen perder as súas finalidades principais: Lectura, Información e Aprendizaxe. Na Biblioteca PDB probamos novos soportes, novos formatos de lectura e ferramentas da Web 2.0 para ver os seus posibles usos.

• Exploramos as posibilidades da realidade aumentada para as nosas indicacións dixitais e como unha nova forma de lectura para incorporar ao noso catálogo.
• Trasladamos a nosa biblioteca analóxica a un novo soporte cun catálogo dixital de lecturas enriquecidas (lecturas Apps) e contidos informativos.
• Experimentamos con novas formas de promover a lectura na Rede: Blogger, Google Chrome e Pinterest.
• Promovemos o noso Proxecto Documental Integrado con ferramentas que nos permiten a creación de material audiovisual.

Pretendemos con todo iso axudar aos nosos nenos e nenas a desenvolver a súa competencia dixital e informacional, un campo no que a biblioteca escolar pode achegar moito.






Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?

Educación Infantil e Educación Primaria

ACCESO AOS MATERIAIS DA BIBLIOTECA


ACCESO AOS MATERIAIS DE INFANTIL
ACCESO AOS MATERIAIS DA CODIFICACIÓN


SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS