05 Convenios

ONCE

Convenio do 19-08-2013 asinado entre a ONCE e a Consellería de Cultura e Educación. Implica dotación dos profesionais especializados para atender as necesidades do alumnado, adaptación dos libros de texto e demais materiais curriculares –ben mediante a súa transcrición ao sistema Braille ou ben mediante a súa gravación–, a adaptación do posto de estudo, o desenvolvemento tecnolóxico sen exclusión de ningún estudante con discapacidade e a formación especializada na atención educativa.

SÍNDROME DE DOWN

Acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e a Federación Galega de Institucións para o Síndrome de Down (Down Galicia) para favorecer a atención educativa ao alumnado con síndrome de down ou con discapacidade intelectual.