LMS

Un LMS (Learning Management System) ou sistema de xestión de aprendizaxe é unha plataforma software instalada nun servidor web que se emprega para administrar, distribuír e controlar as actividades de formación dunha institución ou organización.

As principais funcións do sistema de xestión de aprendizaxe son: xestionar usuarios, recursos así como materiais e actividades de formación, administrar o acceso, controlar e facer seguimento do proceso de aprendizaxe, realizar avaliacións, xerar informes, xestionar servizos de comunicación como foros de discusión, videoconferencias, entre outros.

Un sistema de xestión de aprendizaxe xeralmente non inclúe ferramentas de creación de contidos, salvo a creación de páxinas Web, Wikis ou Blogs, é dicir, texto HTML.

A inmensa maioría de plataformas educativas existentes son do tipo LMS (por exemplo, Moodle, que o sistema no que está baseado a plataforma Platega). Cabe resaltar que os LMS naceron hai xa anos (Moodle data do ano 87), e naceron para dar soporte á docencia non presencial, coma este curso, pois a súa filosofía consiste en lograr recrear un aula física de maneira virtual na rede. Por este motivo, os cursos en Moodle son espazos pechados e privados onde un ou máis profesores actúan de administradores, responsables de subir contidos e plantexar tarefas e actividades que os alumnos deben consultar e realizar a través de Internet.
Todos os LMS ofrecen ferramentas similares ao profesor:
  • Organización do curso en temas, períodos, semanas, etc. aos que se asignan recursos e actividades a realizar polos alumnos:
    • Recursos: Importación de contidos educativos en diversos froamtos e subida de arquivos
    • Actividades de diversos tipos: cuestionarios, tets de autoevaluación, subida de traballos, enquisas, etc.
  • Ferramentas de avaliación, realimentación e cualificación
  • Ferramentas de comunicación: Mensaxería, Foros, Chat, Videoconferencia
Co avance espectacular das TIC iniciado hai só uns poucos anos en todos os ámbitos, e a educación é un deles (recordemos que unha das competencias básicas recollidas na LOE é a "competencia no tratamento da información e competencia dixital"), os LMS eran entonces as únicas plataformas software orientadas hacia a educación polo que se adoptou o seu modelo, consistente basicamente en facer do LMS unha simple extensión virtual da aula física. Por este motivo cabe resaltar que co simple uso dun aula virtual na docencia presencial, ainda que se mellora de xeito notable a facilidade na xestión documental, na avaliación e na comunicación, non se está a producir realmente innovación docente algunha.
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55