
Para o día da nai...
un poema e algunha recomendación de lectura.
Co aceite poñiamos segredos,
palabras, conversas,
e a pota reventaba fervendo de impaciencia.
Mais a vida seguía
despois do aceite o allo, a cebola, o pemento
(mellor se for vermello)
e sempre remexendo o garfo de madeira.
E así un día e outro foron facendo costra,
tixolas, cazos, potas,
non houbo nunca auga que arrastrara eses anos,
nin xabón que varrera tanto empeño diario.
Marta Dacosta (1998) Setembro.
Outras lecturas recomendadas:
O LIBRO DOS PORCOS
Autor e ilustrador: ANTHONY BROWNE
Tradución ao galego: XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ
Editorial Kalandraka
O señor Porcón vivía cos seus fillos,Miguel e Antón, nunha bonita casa cun bonito xardín, e cun bonito coche, nun bonito garaxe. Dentro da casa estaba a súa muller.
http://www.slideshare.net/bibliobeade/o-libro-dos-porcos
Autor: Nick Butterworth,
Traductor: Víctor Barcia
Edicións Xerais de Galicia
Reinvindica o papel das nais como mulleres activas e capaces que fan cousas inimaxinables para procurarnos benestar, confianza e sobre todo moito amor.
http://www.tacobooks.com/libro/mina_nai_e_fantastica
Propostas do CEIP Víctor Sáenz de Antes, Mazaricos http://bibliovictorsaenz.blogspot.com.es/2010/05/primeiro-domingo-de-maio-dia-da-nai.html
En InnovArte Educación Infantil, teñen tamén propostas para o día da nai:
http://innovarteinfantil.wordpress.com/tag/dia-da-nai/

Dende o Departamento de Bibliotecas Escolares do CAFI queremos celebrar o día internacional do libro compartindo con todos vós estes dous poemas:
A POESÍA É VERDADE (Celso Emilio Ferreiro)
Un procura a verdade
por tódolos camiños, baixo as pedras,
nas raigames escuras das olladas,
máis alá das escumes e os solpores.
Busco a verdade en tí, rexa poesía
dos homes que laboran,
tacto real das cousas
que están e son, anque ninguén as vexa.
Home total,
que vas e ves sen sombra polas rúas
e tes a túa verdade nos curutos
do mundo, no profundo da historia,
na experiencia dun día calisquera,
e non ves os paxaros nin as nubes
nin as lonxícoas maus do vento dondo
que acariñan o mundo dende sempre.
Investiga a verdade do teu tempo
i alcontrarás a túa poesía.


2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Desde 1967, O día 2 de abril, que este ano nos pilla en vacacións, celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Cada ano, o IBBY (International Board on Books for Young People), organización internacional na que están integrados 58 países, encarga a un escritor e a un ilustrador a redacción e confección dunha mensaxe e un cartel que van dirixidos a todos os nenos e nenas do mundo, nesta data que coincide coa do nacemento de Hans Christian Andersen, nado en Odense o 2 de abril de 1805.
http://www.oepli.org/desc/pag/DiaInter2012.pdf
http://gl.wikipedia.org/wiki/Hans_Christian_Andersen
23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO
O 23 de abril de 1616 morreron os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega . Esta coincidencia fixo que a UNESCO escollera o 23 de abril como o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR.
http://portal.unesco.org/culture/es/ev.php-URL_ID=5125&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html
Na imaxe podes descargar un pdf con recomendacións de lecturas que vos poderían ser de utilidade.

O Día Mundial do Teatro creouse no ano 1961 polo Instituto Internacional do Teatro da Unesco e vense celebrando en todo o mundo desde o 27 de marzo de 1962, data de apertura en París do “Teatro das Nacións”
En Madrid a estatua de Valle-Inclán loce todos os 27 de marzo unha bufanda branca e na súa honra percórrense os lugares que visitou Max Estrella, o personaxe de “Luces de Bohemia” que ao mirarse nos espellos do Calexón do Gato inventou o esperpento.
"O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.
Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo, conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do que significa ser humano e que dito reflexo sexa guiado polo corazón, a sinceridade, o candor e a graza. Que superedes a adversidade, a censura, a pobreza e o nihilismo, algo ao que, certamente, moitos de vós estaredes obrigados a afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o rigor necesarios para ensinarnos como latexa o corazón humano en toda a súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós - xa que será o mellor de vós, e aínda así, darase só nos momentos máis singulares e breves - o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de todas: Como vivimos? Boa Sorte!".( John Malkovich)
ENLACES DE INTERESE PARA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO
http://www.world-theatre-day.org/index.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Portal:Teatro
https://sites.google.com/site/diamundialdoteatro/o-teatro-na-galipedia
http://gl.wikipedia.org/wiki/Sarah_Bernhardt
http://www.esadgalicia.com/glg/mostras_detalle.php?id=34&tit=D%EDa%20Mundial%20do%20Teatro
http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/780-27-de-marzo-dia-mundial-del-teatro
http://revistagalegadeteatro.blogspot.com.es/
http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Efem%C3%A9rides_destacadas
DESCARGAR ARQUIVO PDF CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURA DE TEATRO: DESCARGA AQUÍ

No blogue de Bibliotecas Escolares e no enlace http://www.bibliotecasescolaresentransito.com/gl/ están dispoñibles os materiais e os vídeos das sesións do congreso estatal BET 2011, Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Santiago de Compostela o pasado mes de novembro.
Desde a asesoría de Bibliotecas Escolares do CAFI consideramos conveniente dar difusión e facilitar o acceso de todas as persoas que traballan na educación, particularmente aquelas implicadas na Biblioteca Escolar, a dous documentos de espacial interés que se presentaron neste congreso:
MARCO DE REFERENCIA PARA LAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, da Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares e coordinado por Cristina Nóvoa Fernández, Ana I. Bernal Macay e Casildo Macías Pereira.
Este documento desglosa os ámbitos de actuación das bibliotecas escolares, recursos físicos e humanos, equipamento e organización, formación do profesorado, unidades de apoio, redes de colaboración e a súa avaliación e ofrece valiosas orientacións sobre a función da biblioteca escolar no centro educativo.
DENDE AQUÍ PODES DESCARGAR O ARQUIVO PDF
BIBLIOTECAS ESCOLARES ¿ENTRE INTERROGANTES? HERRAMIENTA DE AUTOEVALUACIÓN PREGUNTAS E INDICADORES PARA MEJORAR LA BIBLIOTECA
Autoras: Inés Miret, Mónica Baró, Teresa Mañá e Inmaculada Vellosillo
COORDINACIÓN FGSR: Luis González
ASESORÍA METODOLÓGICA: Elena Martín
EQUIPO ASESOR: Eulàlia Espinàs, Isabel Monguilot, Cristina Novoa, Pilar Sampedro y Olga Serra
Texto publicado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez, coa colaboración do Ministerio de Educación, a través do portal especializado en lectura LECTURA LAB,
Este documento pode ser de gran utilidade para facer un diágnostico da situación actual da Biblioteca e elaborar proxectos realistas de mellora neste ámbito.
DENDE AQUÍ PODES DESCARGAR O ARQUIVO PDF
Envíenos a súa proposta de formación ou demanda de actividades a traves deste formulario.