Skip to Content

PARA OS CURIOSOS E CURIOSAS

 

RECORDAMOS QUE, ADEMAIS DAS PUBLICACIÓNS QUE APARECEN NA PÁXINA PRINCIPAL, 

NA BARRA LATERAL ESQUERDA, NO APARTADO CICLOS E NO APARTADO ESPECIALISTAS,

      PODEREDES CONSULTAR ACTIVIDADES E PROXECTOS                                                    ESPECÍFICOS DE CADA CICLO E ESPECIALIDADES.

 

CALENDARIO ENTRADA

O alumnado de secundaria e tránsito cara a vida adulta participan mensualmente na actividade de calendario proposta polo equipo SAAC. Isto axúdalles a anticiparse a feitos futuros, identificar os números, os días da semana, o mes, o ano, as estacións.... 

 

TVA: 2º TRIMESTRE

Hoxe remata o 2º trimestre e con él moitísimas experiencias máis deste curso. 

Este trimestre deu para moito, non paramos.

Esperamos que vos guste e desfrutedes vendo todo o traballo que fixo a rapazada con moitísima ledicia.

 

PANEIS DE COMUNICACIÓN

A comunicación debe estar presente en tódolo contextos e espazos do día a día dos nosos alumnos/as. Por iso, o Equipo SAAC elaborou diversos paneis de apoio a comunicación para as diferentes zonas de ocio do centro.

Desta forma aseguramos que TODOS/AS poidan comunicarse.

Preme na imaxe para velos diferentes paneis.

 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 CONMEMORACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DA MULLER, 8M

MANUAL COMUNICADORES

O equipo SAAC elaborou un manual dirixido ao profesorado sobre o uso dos comunicadores, necesario polo aumento de alumnado con comunicadores e a crecente necesidade do profesorado por ter máis coñecemento sobre o emprego dos mesmos.

Documento moi necesario tanto para o profesorado con alumando que usa comunicador como os que non, xa que TODOS temos DEREITO A COMUNICARNOS E A SER ESCOITADOS, polo que é preciso adaptarnos a conversa e ao interlocutor co cal mantemos a conversa. Os alumnos/as que teñen comunicador teñen unhas formas de actuar e de interactuar distintas, a SÚA VOZ É DISTINTA, pero non por elo debemos de deixar de escoitalos.

Preme para imaxe 

PROXECTO "PROTEXE AOS ANIMAIS" PARTE II

Como xa sabedes, este curso o alumnado de TVA está a desenvolver un proxecto en colaboración coa Protectora Asociación Os Biosbardos. No 1º trimestre subimos a primeira parte da campaña de promoción de adopción e, despois de moito traballo por parte do noso alumnado, aquí tendes a segunda parte, na que poderedes coñecer a moitos animaliños que están a buscar fogar.

Esperemos que vos guste.

 

CONCURSO ILLAS CÍES: "XEOPARQUE ILLAS CÍES, O PARAISO DE TODOS"

Participamos no Concurso "Xeoparque as Illas Cíes", organizado polo Faro de Vigo.

Na categoría colectiva presentamos dous proxectos, un deles gañador " O rap". Na categoría individual participaron diferentes alumnos e alumnas. Tódolos traballos son una obra de arte.

Parabéns a todos/as nosos/as artistas!!!

"O RAP"

 

 

"XEOPARQUE ILLAS CÍES"

 

 

CATEGORÍA INDIVIDUAL 

 

CLUB DEPORTIVO SALADINO- CAMPO A TRAVÉS

COMENZOU A TEMPADA DEPORTIVA 2024.

O pasado mércores 7 de febreiro arrancou a tempada da FGDA coa disputa do campionato galego de campo a través en Pontevedra. Un curso máis o CEE Saladino Cortizo estará presente no calendario de probas deportivas organizadas pola FGDA. Nesta proba o centro estivo representado por 18 alumnos e alumnas que desfrutaron dunha xornada deportiva e de convivencia cos compañeiros doutros centros e asociacións.

No que se refire ao deportivo destacar a vitoria nas súas respectivas categorías de Diego e Viki.

A próxima competición será o 28 de febreiro coa disputa da 1ª xornada de fútbol sala en Redondela.

Deporte e saúde. 

MARÍA FUMAÇA

Moitas Grazas a familia de Ruí, por compartir con todo o alumnado do noso centro este libro tan maravilloso de María Fumaça. Iker inspirouse nel para facer uns debuxos fantásticos.

Distribuir contido


by Dr. Radut