Arquivo

CERTAME DE RELATOS DE MEDO

Con motivo da próxima festividade do Samaín, desde a Biblioteca do centro quérese poñer en marcha UN CERTAME DE RELATOS DE MEDO ó que todos/as o alumnos e alumnas do centro e a súas familias estades invitados a participar.  Para máis información premede na imaxe.

ADAPTACIONS PROGRAMACIONS 2019-2020

Ola!

Neste espazo deixamos as adaptacións das programacións para o desenvolvemente do terceiro trimestre do curso 2019.2020. En arquivos adxuntos separados por cursos, poderedes ver cada unha dela.

Un saudo.

 

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS

Queridas familias!!

Onte, por primeira vez en moitos días, as nosas nenas e nenos poideron saír un ratiño da casa. Todas sabedes xa as normas que debemos cumprir para facelo.

O certo é que as nenas e nenos poderiamos pensar que estaban ansiosos por facelo, pero algúns ao mellor non tiñan tantas ganas ou tiñan medo.  Aquí vos deixamos unhas orientacións por se vos son de axuda  de Álvaro Bilbao que, como sabedes, coñece ben como funciona o cerebro das nenas e nenos. Pouquiño a pouco teremos que ir afacéndonos a esta nova situación.

Unha grande aperta para todas e todos vós!! Botámosvos en falta a nenas, nenos e mamás e papás!!

MANUAL WEBEX PARA VIDEOCONFERENCIAS

Ola a todos/as:

Deixámosvos aquí unhas instruccións que vos poden axudar para o emrprego da aplicación Cisco Webex para as videoconferencias que imos realizar.

Adxuntamos nun pdf ditas instruccións, pero se premedes na seguinte ligazón tamen poderedes acceder a elas.

BOAS VACACIÓNS!!

Porque o merecedes, este vídeo é para vós: nenas, nenos e familias. Porque vos queremos e vos botamos en falta.

ATA PRONTO!!

Distribuir contido

Back to top