Benvidos á web do noso Centro
Información de contactoPode contactar co centro a través de calquera dos seguintes medios: Teléfono: 982 40 01 58
Clicade para entrar no blog da Biblioteca do centro.
COMEZO CURSO 2011-2012
O curso 2011 – 2012 comezará o luns, 12 de setembro. No mes de setembro o horario será o mesmo que o que tivemos en xuño:
Alumnos/as de 3 anos: segundo se lles indique o día da reunión.
Resto alumnado (Infantil e Primaria): A Xornada é continua. Horario lectivo: de 08:55 a 13:15 horas. Horario comedor: de 13:15 a 14:00 horas.
No mes de outubro, o luns día 3, o horario lectivo será de 10:05 a 16:55 horas. Día de titoria de pais: os mércores de 16:55 a 17: 55 horas. ABRIR O ARQUIVOS ADXUNTOS PARA A SOLICITUDE DO COMEDOR, ACTUALIZACIÓN DOS PREZOS E INSTRUCCIÓNS DOS COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLOS CENTROS.
categories [ ]
LIBROS DE TEXTO 2011/2012LIBROS DE TEXTO CURSO 2011/2012 3 anos
OUTRO MATERIAL:
UNHA MUDA COMPLETA Todo este material deberá vir nunha bolsa de plástico atada e co seu nome. NOTA: A roupa deberá ser cómoda, os pantalóns con gomas (sen botóns, cinturóns ou tirantes). O calzado deberá ser con velcro. E toda a roupa e os complementos como viseras,… deberán estar marcados co seu nome. 4 anos
OUTRO MATERIAL:
Unha muda completa. Unha visera. Todo este material deberá vir nunha bolsa de plástico atada e co seu nome. NOTA: A roupa deberá ser cómoda, os pantalóns con gomas (sen botóns, cinturóns ou tirantes). O calzado deberá ser con velcro. Todo este material deberá vir nunha bolsa de plástico atada e co seu nome. 5 anos
OUTRO MATERIAL:
Todo este material deberá vir nunha bolsa de plástico atada e co seu nome. NOTA: A roupa deberá ser cómoda, os pantalóns con gomas (sen botóns, cinturóns ou tirantes). O calzado deberá ser con velcro. E toda a roupa e os complementos como viseras,… deberán estar marcados co seu nome. PARA OS ALUMNOS/AS MATRICULADOS POR PRIMEIRA VEZ NESTE CENTRO -Libro de lectura “O país das letras 1” (en galego). Editorial Edelvives. PRIMEIRO DE PRIMARIA
SEGUNDO DE PRIMARIA
TERCEIRO DE PRIMARIA
CUARTO DE PRIMARIA
QUINTO DE PRIMARIA
SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
categories [ ]
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2011/2012 - CONCELLO MONFORTEMONFORTE DE LEMOS Anuncio BASES E CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2011/2012. As presentes bases rexerán a convocatoria de concesión de axudas para material escolar dos e das alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as en Monforte de Lemos nos seguintes cursos: · Infantil (3,4 e 5 anos) · Educación Primaria · Educación Secundaria Obrigatoria. 1. OBXECTO DA CONVOCATORIA A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas para a adquisición de material escolar durante o ano lectivo 2011/2012 destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as na localidade e escolarizados/as nalgún dos cursos desta convocatoria. As axudas irán destinadas ás familias con menor poder adquisitivo do municipio e serán compatibles con calquera outra que perciban polo mesmo concepto. 2. BENEFICIARIOS Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria os/as que cumpran, ademais dos sinalados no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, os seguintes requisitos: 1º Que a renda per cápita da unidade familiar non exceda a metade da cantidade establecida polo IPREM para o ano 2011(266,26 €) en cómputo anual. 2º Estar empadroados en Monforte de Lemos. 3º Estar matriculados/as en centro público ou concertado ubicado no termo municipal de Monforte de Lemos 4º Estar ao día no pago dos impostos municipais. 5º Presentar a solicitude dentro do prazo sinalado no punto 7. 6º Unha vez aprobada a solicitude, deberase presentar o Anexo II ante o centro educativo onde estea matriculado o/a neno/a para que sexa selado polo mesmo e entregar dito anexo na oficina de Servizos Sociais do Concello para retirar o vale da axuda concedida. 3. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS As xerais recollidas no artigo 10 da Ordenanza Xeral de Subvencións, no artigo 11 da Lei de Subvencións de Galicia e no artigo 14 da Lei Xeral de Subvencións, e as seguintes: a) Cumprir todas as estipulacións establecidas nas bases da convocatoria. b) Responder da veracidade dos datos da solicitude. 4. CONTÍA E LÍMITE DAS AXUDAS O importe das axudas non poderá superar os 10.000 euros. As axudas que se regulan nestas bases terán carácter único e non acumulativo, de tal maneira que só poderá concederse unha axuda no mesmo ano para o mesmo concepto. O importe máximo de cada unha das axudas non superará: · 75 € para Educación Infantil · 60 € para Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria O importe anterior reducirase en proporción ás solicitudes presentadas que cumpran cos requisitos recollidos no punto 2ª. 5. APLICACIÓN ORZAMENTARIA Para o financiamento destas subvencións destínase un crédito máximo de 10.000 euros que se imputará á aplicación 230.48002 do orzamento de gastos do ano 2011. 9 Núm. 126 – Sábado, 4 de Junio de 2011 B.O.P de Lugo 6. SOLICITUDES A Concellería de Igualdade e Benestar Social facilitará o impreso de solicitude nas Oficinas dos Servizos Sociais Municipais sito no Edificio da Praza de Abastos Rúa Ricardo s/n e no Rexistro Xeral do Concello sito en Campo de San Antonio s/n. A documentación que deberán achegar xunto coa solicitude será a seguinte: □ Fotocopia do carné de identidade do/da solicitante. □ Fotocopia do Libro de familia. □ Certificado de convivencia. □ Fotocopia do certificado do grao de discapacidade no caso de que algún fillo estea afectado por ela, ou resolución de invalidez. □ Declaración de ingresos de tódolos membros da unidade familiar maiores de 18 anos que convivan no domicilio: □ En activo: -Tres últimas nómina correspondentes ao ano 2011. -Certificación de empresa do ano 2010. □ Desempregos: Certificación do INEM conforme percibe ou non prestación por desemprego e da Seguridade Social conforme percibe ou non algún tipo de prestación. □ Pensionistas: Xustificación da pensión polo organismo competente. □ Emigrantes retornados: Ingresos percibidos no ano 2010 no país de orixe. □ De ser o caso, copia da sentencia de separación, divorcio ou nulidade, xunto co convenio regulador, en defecto destes, declaración xurada de percibir ou non pensión alimenticia a favor de fillo/a a cargo. □ Declaración da Renda do ano 2009 ou Certificado negativo no caso de non estar obrigado a presentala. 7. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN A instancia coa documentación solicitada presentarase no Rexistro Xeral do Concello, Campo de San Antonio s/n, CP 27400, Monforte de Lemos, Lugo ou calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Así mesmo as solicitudes tamén poderán ser entregadas nas Oficinas dos Servizos Sociais Municipais do concello situadas no Edificio da Praza de Abastos, rúa Ricardo Quiroga s/n. O prazo de presentación será de 20 días naturais dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello. As bases e os seus anexos estarán a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello ou nas dependencias dos Servizos Sociais Municipais. Se as solicitudes presentadas non reunisen os requisitos sinalados, requirirase ós/ás interesados/as para que no prazo máximo e improrrogable de dez días subsane as anomalías advertidas, de non facelo teráselle por desistido da súa solicitude. 8. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS E A SÚA PONDERACIÓN As solicitudes valoraranse tendo en conta a renda per cápita dos compoñentes da unidade familiar. No caso de existir un menor na unidade familiar cunha discapacidade recoñecida entre o 33% e o 65%, este fillo computará como dous membros, no caso de que a discapacidade sexa superior ao 65% este fillo computará por tres membros 9. VALORACIÓN DE SOLICITUDES Na Concellería de Igualdade e Benestar Social formarase unha Comisión de valoración composta pola Concelleira, dúas técnicas dos servizos sociais comunitarios e un/unha técnico/a do servizo de intervención que terá como función a emisión dun informe no que se concrete o resultado da valoración das solicitudes de axudas presentadas. Esta Comisión será a encargada de valorar as solicitudes e de elaborar unha proposta de resolución que será elevada ó órgano competente para a adxudicación das axudas. 10. RESOLUCIÓN A Xunta de Goberno Local, á vista da proposta da resolución definitiva, resolverá o procedemento. O prazo máximo para resolver será dun mes, a contar dende o remate do prazo establecido para presentar as solicitudes. 10 Núm. 126 – Sábado, 4 de Junio de 2011 B.O.P de Lugo 11. REINTEGRO DE SUBVENCIÓNS Procederá o reintegro das cantidades percibidas, nos casos previstos na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Subvencións de Galicia (art. 36 e 37 respectivamente), e nos seguintes casos: a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para elo ou ocultando aquelas que o impediran b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo que fundamente a concesión da axuda c) Incumprimento das obrigas impostas pola administración, así como dos compromisos asumidos polos beneficiarios das axudas, sempre que afecten ou se refiran o obxecto da subvención. 12. RECURSOS Contra a resolución definitiva, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes, se o acto foi expreso ou de tres meses, ou ben directamente o recurso contencioso - administrativo, no prazo de dous meses, perante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Lugo. 13. DISPOSICIÓN ADICIONAL No non previsto nas presentes bases estarase ao disposto na ordenanza xeral reguladora da concesión de subvencións municipais e, de xeito supletorio, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións, no RD 887/2006, de 17 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Monforte de Lemos ,a 20 de maio do 2011.- O ALCALDE
categories [ ]
HORA DE LERHORA DE LER Todos os días 15' despois do recreo hora de ler. Para o profesorado de distintas áreas. Neste tempopoderase e deberase facer diversos tipos de lectura:
categories [ ]
PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTROEstimados pais/nais/titores: O próximo mércores, 24 de novembro de 2010 terá lugar no CEIP “A Gándara” a elección, mediante voto directo, secreto e non delegable, de tres representante de pais/nais de alumnas/os para o Consello Escolar do Centro, de acordo coas seguintes indicacións: - Lugar de votación: biblioteca do Centro. - Horario de votación: de 10.05 horas a 17.00 horas. - Son electores e polo tanto poden votar o pai e nai dos alumnos/as do centro que compoñen o censo electoral. - Será necesario para votar presentar o DNI ou outro documento acreditativo oficial. - Cada votante marcará na papeleta un máximo de dous candidatos. - Os candidatos, para o sector pais/nais de alumnos/as son: · Don Jaime Germán Vázquez Pérez. · Don Jesús Miguel Domínguez Fernández. · Dona María Isabel Roca Valcárcel. · Dona Natalia Gran Castán. · Dona Susana del Río Blanco.
Monforte de Lemos, 22 de Novembro de 2010.
A XUNTA ELECTORAL
PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS ELECTOS
Rematadas as eleccións para a renovación parcial dos sectores de pais/nais e profesores/as do Consello Escolar do CEIP A GÁNDARA, a Xunta Electoral resolveu PROCLAMAR aos seguintes candidatos elixidos:
2. Sector Pais/Nais alumnos/as:
Monforte, 25 de novembro de 2010
categories [ ]
LIBROS DE TEXTO: GRATUIDADE SOLIDARIA
categories [ ]
ADMISIÓN COLABORADORES/AS DO COMEDORANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO “CEIP A GÁNDARA” , COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2010-2011. As nais, os pais e os/as titores/a legais de alumnos deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2010-2011, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan en Dirección. O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 30 de setembro de 2010, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 31 de decembro de 2010. Durante o curso escolar 2010-2011 so se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas. Monforte de Lemos , 3 de setembro de 2010
categories [ ]
|
BuscarEventos
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||