A VII Carreira Popular Concello de Monforte celebrarase o día 26 de abril

 

CARREIRA CATEGORÍAS MENORES

Haberá unha proba non competitiva para rapaces nados despois do ano 2010.

A distancia será aproximadamente de 80 metros e non haberá clasificacións.

Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.

Será necesaria a inscrición previa no mesmo prazo que o resto de categorías menores.

 

RESTO DE CATEGORÍAS:

Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:

Categoría A……………..nad@s entre 2008 e 2010.

Categoría B……………..nad@s entre 2006 e 2007.

Categoría C……………..nad@s entre 2004 e 2005.

Categoría D……………..nad@s entre 2002 e 2003.

Categoría E……………..nad@s entre 2000 e 2001.

 

INSCRICIÓNS PROBAS DE MENORES:

Inscricións por correo electrónico en lodeco@lodeco.es a partir do luns 6 de abril.

Inscricións presenciais a partir do luns 6 de abril na Concellería de deportes do Concello de Monforte

Peche de inscricións o xoves 23 de abril.

Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax

Para poder inscribirse tanto por correo como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:

-Nome

-Apelidos

-Data de nacemento

-Clube (no caso de telo)

-Localidade

 

A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

PERCORRIDO:

Categoría Mini: 11:00h……………. 80m.

Categoría A,B: 11:05h…………..... 600m.

Categoría C: 11:15h……………... .1000m.

Categoría D,E: 11:30h:………...... 1500m.

 

ENTREGA DE DORSAIS Os dorsais entregaranse o día da proba (26 de abril) na carpa da organización sita na explanada dos Escolapios de 9:00 a 10:30

 

PREMIOS: Trofeo para @s tres primeir@s de cada categoría. Camiseta oficial da proba e avituallamento final para todos os que rematen a proba.  

 

Máis información na páxina web do Concello de Monforte de Lemos.