Publicado no DOG a convocatoria para a solicitude de libros de texto e material escolar. - Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. - Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específcas de apoio educatio –EAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude. - Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE. O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde. Forma de presentación:
- No centro: neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html |