Skip to Content

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS - PORTO DO SON

O venres 12 abril, celebrouse a Fase Provincial de Cros no campamento do Loreto en Porto do Son. 8 alumnos e alumnas representaron o noso  cole, 2 deles clasificados individuais (Nerea e Jorge) e 6 formaron equipo na categoria Infantil (Gabriel, Hugo,Hèctor, Iván, Thiago e Jose)

Unha xornada de deporte, convivencia e de experiencias vividas.

Noraboa ós participantes!!

   

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2024 / 2025 - IMPORTANTE-

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, é preciso comunicar ás familias interesadas na admisión no noso centro que, debido á demanda dos postos escolares ofertados para o curso 2024/2025, é preciso proceder á baremación de ditas solicitudes presentadas para o 4º curso de educación infantil.

Por esta razón infórmase ás familias que xa teñan presentada a admisión en  prazo, deben aportar aquela documentación complementaria (se aínda non o fixeran) que consideren oportuna segundo o baremo e os criterios establecidos no Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e na orde do Orde do 21 de outubro de 2022 relativos á admisión do alumnado en centros públicos.

 

O prazo de entrega da documentación rematará o vindeiro día 5 de abril, sendo obrigatorio achegala de xeito presencial no propio centro.

Unha vez rematado este novo prazo, procederase á baremación das solicitudes e a posterior adxudicación das prazas ofertadas para o devandito curso de E.I.

Pódese seguir o proceso de admisión de alumnado no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

Empregando o DNI da persoa solicitante e o codigo de solicitude. 

A partir deste momento os prazos establecidos serán os seguintes:

 

Presentación de documentación complementaria   ata o 5 de abril 
Publlicación de listaxes PROVISIONAIS de admitidos excluídos  25 de abril
Publicación de listaxes DEFINITIVAS 15 de maio
MATRÍCULA (en cada centro, unha vez admitido) 20 ó 30 de xuño

Att a dirección.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024/2025

O mércores día 1 e ata o 20 de marzo procédese a apertura do prazo de solicitudes de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Os prazos establecidos no procedemento de admisión é o seguinte:

Presentación de solicitudes   Do 1 ó 20 de marzo
Publlicación de listaxes PROVISIONAIS de admitidos excluídos  25 de abril
Publicación de listaxes DEFINITIVAS 15 de maio
MATRÍCULA (en cada centro, unha vez admitido) 20 ó 30 de xuño

 

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisión alumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

** Con data 27/02/2024 o Consello Escolar do noso centro aprobou como criterio complementario neste centro: "domicilio dos avós dentro da zona de influenza do centro".  

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

ACCESO Á PRESENTACIÓN ONLINE POR SEDE ELECTRÓNICA

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

PODEDES ATOPAR OS FORMULARIOS DE ADMISIÓN EN PDF AQUI 

 

HORARIO DE ATENCIÓN AL PÚBLICO

Este documento debe ser cumplimentado, asinado e entregado no centro no horario de atención ao público, xunto coa documentación que se solicita, de ser o caso.

 IMPORTANTE. Fora deste horario non será posible a atención o público, por estar os responsables desenvolvendo as súas tarefas docentes. O presente horario pode sufrir modificacións ó longo do curso. (2023_09_10)

VACANTES PARA O CURSO 2024 / 2025

Publicación das vacantes previstas para o curso 2024/2025

/ 2025.

23 de febreiro día de Rosalía

 

O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía. este ano foi moi especial xa que, se achegaron ó noso centro un grupo de veciñas e veciños para facer un recitado da súa obra noso centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración e feliz día de Rosalía.

Xornadas de "Portas Abertas" 2024

Bos días, familias:

Contamos que a primeiros do mes de marzo comezará o prazo de admisión de solicitudes de NOVO ALUMNADO para o curso 2024 - 2025

Por esta razón, dentro duns días neste mes de febreiro o noso centro organizará unhas xornadas de portas abertas para aquelas familias que queren coñecer o noso centro. Lembrade que, para poder atendervos axeitadamente debédes contactar telefónicamente connosco e concertar  cita previa.

Podedes ver a información no cartel desta mesma entrada. 

 

Cross Escolar / Proba do Loreto

O 1 de febreiro o noso alumnado participou na 2° fase da carreira de Cros no campamento do Loreto en Porto do Son. 

O bo tempo, os nervios e a diversión foron os protagonistas desta xornada deportiva. 

Dos case 80 participantes do noso cole, conseguiron clasificarse para a "Fase Intercomarcal" 15 nenos e nenas das diferentes categorías (benxamín, Alevín e Infantil), dito evento terá lugar o vindeiro 23 de febreiro en Noia.

Noraboa a todos e todas as participantes e a seguir apostando por un estilo de vida activo e saudable!

Semana de Entroido no CEIP P Alexandre R Cadarso.

Na vindeira semana do 5 ó 9 de febreiro, celebraremos o Entroido no cole, aquí tedes as consignas do Meco Repepico para estos días.

Mediación escolar.

Boas.

Como moitos de vós xa sabedes, onte día 30 de xaneiro foi o dia da paz. Para esta ocasión, o noso centro retoma unha gran inicitiva para traballar a convivencia entre o alumnado presentando o equipo de mediación escolar. Xa hai algun tempo que levan formándose neste eido para tratar de axudar a todo o alumnado.

Aquí deixamos constancia gráfica deste evento.

 

 

 

30 de xaneiro - Día da Paz

Dia da paz

Podedes descargar o dorsal que empregaremos no adxunto desta entrada.

Distribuir contido


by Dr. Radut