LIBROS DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO PARA O CURSO: 2014-15

 (PINCHAR NOS TÍTULOS PARA ACCEDER AO LISTADO)

 

LIBROS E MATERIAL DE 1º          LIBROS E MATERIAL DE 2º           LIBROS E MATERIAL DE 3º

                                                                                                                                    

 

LIBROS E MATERIAL DE 4º         LIBROS DE 5º: DIXITAIS                  LIBROS E MATERIAL DE 6º

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Está aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto. As solicitudes deberán presentarse no centro, unha vez cuberto o ANEXO I que se pode recoller en conserxería ou baixalo no seguinte enlace da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Máis información

INICIACIÓN AO CICLO INDOOR PARA O ALUMNADO DE QUINTO E SEXTO

O alumnado de 5ºD e 6º do CEIP A Maía acudiron os pasados meses de Febreiro e Marzo ó Centro Deportivo Telleria onde fixeron dúas sesións de iniciación ó Ciclo Indoor nas que descubriron un novo deporte no que se traballa no só a resistencia físca senon tamén a fortaleza mental que supón realizar estas clases dirixidas. A experiencia foi moi ben acollida por todo o alumnado polo que se considerará repetila nos vindeiros cursos.

CHARLAS QUE SE VAN DESENVOLVER NO COLEXIO EN PRÓXIMAS DATAS

-Venres 14 de marzo ás 12:30 RISCOS DE INTERNETpara 5º e 6º.

-Luns 17 de marzo ás 16:30 RISCOS DE INTERNET" para as país e nais.

-Venres 25 de abril ás 9:30ACOSO ESCOLAR” para 5º e 6º.

-Luns 5 de maio ás 16:30 ACOSO ESCOLAR” para pais/nais.

  • Para o venres 28 de marzo ás 12:00, a Casa de Cultura de Bertamiráns ofrece unha obra de teatro para 5º e 6º; se vos interesa, avisade.

-Día 8 de maio charla de ÓPERA para os de 4º.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014-2015

ADMISIÓN DE ALUMNAD0 PARA O CURSO 2014 - 15

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2014 - 15

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO

Reserva de praza para o centro ao que se está adscrito (só para alumnado de 6º que reserven no IES de AMES)

26 DE FEBREIRO

Sorteo na Consellería de Educación das letras que resolverán posibles empates

ANTES DO 1 DE MARZO

Publicación das prazas que oferta o centro

DO 1 AO 20 DE MARZO

Presentación de solicitudes de admisión (Anexo II) xunto coa fotocopia da folla do libro de familia onde se atope o/a alumno/a ou DNI do mesmo/a

Pódese entregar tamén a documentación acreditativa dos criterios do baremo

DO 24 DE MARZO AO 4 DE ABRIL

Recollida de documentación acreditativa dos criterios do baremo

ANTES DO 25 DE ABRIL

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Pódese presentar reclamación contra ditas listaxes nos seguintes 5 días hábiles

ANTES DO 15 DE MAIO

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos

DO 20 AO 30 DE XUÑO

Formalización da matrícula do alumnado admitido no propio centro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

 ·                   DECRETO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 application/pdf iconDecreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

 ·                   ORDE DE ADMISIÓN

 application/pdf iconOrde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

 application/pdf iconANEXO I Reserva de praza (galego)

 application/pdf iconANEXO I Reserva de paza (castelán).

 application/pdf iconAnuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates

 application/pdf iconResolución do sorteo das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión

 

Nota informativa:

  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro que se solicite praza en primeiro lugar. O seu incumprimento determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

Servizos complementarios que oferta o centro:

·                    Transporte escolar xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U.

·                    Bos Días Cole xestionado polo Concello de Ames.

·                    Comedor Escolar xestionado polo Concello.

·                    Tardes divertidas, veranos lúdicos… dependentes do Concello.

·                    Actividades extraescolares diversas xestionadas plo ANPA

·                   Biblioteca Escolar das 16.30 ás 18.30, agás os luns.

 

Horario do centro: de 9:05 ás 14:05h., agás para o alumnado transportado que a apertura do mesmo é ás 8:50h.

 

Horario de atención ós pais/nais do alumnado: os luns de 16:30 ás 17:30 h.

 

ÁREA DE INFLUENCIA:

A Mina

Pza Horta de Abaixo

Acacias

Pza Horta de Arriba

Agriña

Poeta da Maía

Avda. Maía

Paraxe do Porto

Avda. da Peregrina

Pedregal

J. L. Azcárraga

Pza de Chavián

Camiño Novo

Praza da Maía

Castrigo

Rosaleda

Cantalarrana

Rueiro

Casaliño

Seixabre

Carballido

Travesía Peregrina

Ferrería

Travesía Pedregal

Fieira

Travesía Fontaldeiro

Fragua

Telleira

Lodeiro

Xesteira

O Bosque

 

 

 

 

PRAZAS OFERTADAS

E. INFANTIL.

4º Infantil (3 anos)............................ 66+(9 para n.e.a.e.)
5º Infantil (4 anos)................................... 1

6º Infantil (5 anos)................................... 9

E. PRIMARIA

Primeiro ................................................... 0

Segundo ..................................................  4

Terceiro ...................................................  0

Cuarto .....................................................  7

Quinto .................................................... 14

Sexto ......................................................  5

 

CRITERIOS XERAIS DE PRIORIDADE NA ADMISIÓN DE ALUMNADO

  Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro)

  Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo)

 

CRITERIOS DE ADMISIÓN

PUNTOS

EXISTENCIA DE IRMÁS OU IRMÁNS NO CENTRO

§     Por unha irmá/n matriculado no centro

8

§     Polo segunda e seguintes irmás ou irmáns matriculados no centro

2

§     Xemelgos, sempre que soliciten área de influencia

8

POR SER TRABALLADOR/A DO PROPIO CENTRO

3

POR PROXIMIDADE DO DOMICILIO FAMILIAR AO CENTRO

§     Se o domicilio familiar se atopa na área de influencia do centro

6

§     Se o domicilio familiar se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro

3

§     Se o domicilio familiar se atopa noutras áreas

0

POLA PROXIMIDADE DO LUGAR DE TRABALLO AO CENTRO

§     Lugar de traballo da nai, pai ou titores, situado dentro da área de influencia do centro

4

§     Lugar de traballo da nai, pai ou titores, situado nas áreas limítrofes

2

§     Lugar de traballo da nai, pai ou titores, situado noutras áreas

0

POR CONDICIÓN DE FAMILIA NUMEROSA

§     Por familia numerosa de categoría especial

3

§     Por familia numerosa de categoría xeral

2

POR CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL

2

POR RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR (ano 2012)

§     Ingresos inferiores a 0,5 veces o IPREM (3.195,06 €)

3

§     Ingresos iguais ou superiores a 0,5 e inferiores a 0,75 veces o IPREM (3.195,06 € e 4.792,60 €)

2

§     Ingresos iguais ou superiores ao 0,75 veces o IPREM (4.792,60 € e 6.390,13 €)

1

§     Ingresos iguais ou superiores ao IPREM (6.390,13 €)

0

POR DISCAPACIDADE

§     Da alumna ou alumno

4

§     Dalgún dos proxenitores ou titores

3

§     Dalgunha das irmás ou irmáns da alumna ou alumno

1

POR CRITERIO COMPLEMENTARIO ESTABLECIDO POLO CENTRO (ARTIGO 9.3.i DO DECRETO DE ADMISIÓN

·         Por solicitar en 1º lugar un centro de ensino público

1

 

 

 

SÍNTESE DO P.E.C. DO CEIP A MAÍA

 

  • O CEIP A Maía é un dos centros públicos do concello de Ames, situado en Bertamiráns que é a cabeceira municipal do mesmo.

  • Está catalogado como liña tres, funcionando con 3 cursos por nivel, agás en 5º de primaria no que teremos habilitada unha unidade mais.

  • É un centro aconfesional. A posición de todo o persoal é de absoluto respecto ás crenzas de cada persoa.

  • Ideoloxicamente é pluralista, sobre todo, nos aspectos políticos e relixiosos.

Facilitámoslle aos pais, nais e alumnado información obxectiva, coa finalidade de que progresivamente poidan formar os seus propios criterios e tomar decisións responsables.

 

  • En relación á lingua de aprendizaxe, en educación infantil o profesorado usará na clase a lingua materna predominante entre o alumnado e terán en conta a lingua do contorno. Faise así mesmo unha aproximación a unha lingua estranxeira en situacións habituais de comunicación.

 

  • Formulamos os obxectivos centrándonos nos ambitos: educativo, curricular, transversalidade, atención á diversidade e prioridades.

Priorizamos como obxectivo o sistema de valores, sacando un lema ao comezo de curso que serve de referencia ao longo de todo o período lectivo.

Valoramos as novas tecnoloxías poñendo en práctica o Plan TIC no que se inclúe o Proxecto Abalar.

Contamos con dúas aulas de informática e dúas de idioma estranxeiro dotadas con pizarra dixital, canón de proxección e material multimedia; todas as titorías dispoñen de ordenador, canón de proxección e a maioria de pizarra dixital.

 

  • A coeducación neste centro supón entre outros compromisos, orientar a actividade cara unha educación para a igualdade entre sexos. O noso proxecto educativo tende evitar calquera tipo de discriminación por razón de sexo entre o alumnado, tanto na convivencia como nas actividades programadas e mesmo entre o profesorado e demais persoal.

 

  • O modelo de xestión desenvólvese no  marco de participación, autonomia e goberno dos centros establecido pola Lei.

Valoramos o traballo en equipo e por tanto levamos a cabo proxectos consensuados, estando sempre abertos á crítica constructiva que serve de reflexión para mellorar e contribúe ao enriquecemento do Centro.

 

  • Ofrecemos os seguintes servizos:

1.   Transporte Escolar funcionando seis autobuses  coas rutas respectivas e servizo de acompañante incluído.

2.   Servizo de Comedor Escolar xestionado polo Concello.

3.   Servizo de Bos Días Cole a partir das 7,30h da mañá e Tardes Divertidas despois do comedor, ambas as dúas xestionadas polo concello.

4.   Servizo de Biblioteca Escolar ofertado polo Centro todas as tardes de 16,30h a 18,30h, agás os luns.

5.   Actividades Extraescolares organizadas pola ANPA.

 

O horário lectivo é en sesión única de mañá para todo o alumnado de infantil e primaria de 9,05h a 14,05h.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN PÓDESE CONSULTAR O P.E.C. COMPLETO EN SECRETARÍA.

 

                                        Bertamiráns, 27 de febreiro de 2014.

       

                                                       Rosalía Avilés Bentín

                                                       Directora do CEIP A Maía

 

 

 

Distribuir contido