Estudo Internacional de Tendencias en Matemáticas e Ciencias (TIMSS)

 

 

 

 

 

Estimadas familias,

Dirixímonos a vostedes para informarlles de que este centro educativo foi seleccionado aleatoriamente para participar no Estudo Internacional de Tendencias en Matemáticas e Ciencias (TIMSS polas súas siglas en inglés, Trends in International Mathematics and Science Study), xunto con outros moitos centros de máis de 60 países en todo mundo.

TIMSS é un estudo de investigación educativa dirixido pola Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo (IEA) e coordinado en España polo Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE) xunto coas administracións educativas das distintas comunidades autónomas. Este estudo investiga as competencias matemática e científica do alumnadoe, actualmente, no noso pais realízase en 4.º curso de educación primaria.

No caso de que o seu fillo/a fose seleccionado para participar na mostra aleatoria, a súa participación no estudo non afectará ás súas cualificacións nin ao seu progreso no centro. Dado o deseño do estudo, todos os datos trataranse de maneira confidencial e anónima e non se publicarán resultados individuais que permitan identificar a estudantes ou centros educativos concretos.

O alumnado da clase de 4.º curso de educación primaria que resulte seleccionada, completará dúas probas de 36 minutos cada unha e un cuestionario de 30 minutos aproximadamente. Ademais, entregarase un cuestionario en papel a cada alumno/a para que as familias o enchan e o entreguen ao centro con anterioridade á realización da proba.

De acordo cos estándares do estudo poderá haber alumnado excluído da realización da proba por non ter unha competencia lingüística suficiente en lingua castelá e lingua galega ou por mor de necesidades específicas de apoio educativo incompatibles co formato dixital da proba.

A utilización dos datos realizarase de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos, incorporado ao ordenamento interno pola Real Decreto-lei 5/2018, do 27 de xullo, de medidas urxentes para a adaptación do Dereito español á normativa da Unión Europea en materia de protección de datos. Así mesmo, terase en conta a Lei 12/1989, do 9 de maio, da Función Estatística Pública, así como a normativa que se deriva das mesmas. Toda a información recollida para o procesamento de datos será anonimizada.

 

Bertamiráns, 3 de maio de 2023

 

Atentamente

 

A DIRECTORA

Mª Isabel Abelleira Bardanca

AVISO IMPORTANTE: FOLGA DE TRANSPORTES PARA OS DÍAS 27 e 28 de ABRIL

Segundo nos trasladan desde o Servizo de Recursos Educativos Complementarios da Xefatura Territorial de A Coruña e desde a empresa de transporte escolar, para mañá xoves 27 de abril  e pasado mañá venres 28 de abril,  hai convocada unha folga de transporte. Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos

Aínda que transporte escolar se considera “servizos mínimos”, desde a empresa trasládannos que non poden garantir que o servizo se poida realizar ao 100%, posto que só poden garantir as rutas cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.

Por este motivo, ponse en coñecemento das familias do alumnado para que poidan prever e organizar un plan alternativo de consideralo necesario.

Enlace de descarga do documento. 

Charla: Uso seguro de internet e das novas tecnoloxías

 

 

Desde a ANPA CEIP A Maía queremos animarvos a asistir  a charla sobre o Uso das novas tecnoloxías. 

Solicitamos confirmación de asistencia, para calculo de aforo. Gracias.

 

https://forms.gle/UThsMKyuQqLvJRyr5

MODO GALEGO: Vicente Feijoo

Modo Galego: Aportación de Vicente Feijoo, Coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG

 

(Descargar o arquivo de vídeo para reproducilo)

AVISO IMPORTANTE: FOLGA DE TRANSPORTE PARA MAÑÁ venres 31/03/2023

Segundo nos trasladan desde a empresa de transporte escolar, para mañá hai convocada unha folga de transporte. Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos

Aínda que transporte escolar se considera “servizos mínimos”, desde a empresa trasládannos que non poden garantir que o servizo se poida realizar ao 100%.

Por este motivo, ponse en coñecemento das familias do alumnado para que poidan prever e organizar un plan alternativo de consideralo necesario.

Enlace de descarga do documento:

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230330/AnuncioG0533-270323-0002_gl.html

MODO GALEGO: 3ºC

Modo Galego: Aportación de Ana de 3ºC

(Descargar o arquivo de vídeo para reproducilo)

MODO GALEGO: 5ºD

Modo Galego: Aportacións do alumnado de 5ºD

(Descargar os arquivos de audio para reproducilos)

MODO GALEGO: REFLEXIÓN

Modo Galego: reflexión

 (Descargar arquivo de audio para reproducilo)

Preincrición e renovación dos servizos complementarios dependentes do Concello de Ames

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2023-2024

Desde o 1 ao 31 de marzo estará aberto o prazo para preinscrición e/ou renovación dos servizos de conciliación do Concello de Ames.

Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso e os que non estiveran dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación.

Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación e queiran volver a facer uso dos mesmos no curso 2023-2024

Máis información no enderezo www.conciliames.gal

Distribuir contido