Comedor
Renovación e preinscrición en Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas. Curso 2024/2025
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 29/02/2024 - 2:59pmPLAN DE ADAPTACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR E DOS SERVIZOS BOS DÍAS COLE E TARDES DIVERTIDAS
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 30/09/2020 - 9:32amAdaptación ao protocolo de prevención a transmisión da COVID-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios e as instrucións polas que se incorporan a Declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consello Interritorial do Sistema de Saúde Pública (DOG núm. 174 bis de 28/08/2020) e a actualización das recomendación sanitarias do Comité Clínico ao protocolo de 22 de xullo de 2020 de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021.
Presentación do monográfico sobre Servizos Complementarios
Enviado por A Maía o Mar, 19/03/2019 - 12:12pm
Este mércores 20 de marzo teremos a presentación do monográfico da Revista Galega da Educación, de Nova Escola Galega, sobre Servizos complementarios. Será ás 19:00 horas no comedor do CEIP A MAÍA.
Como sabemos que é un tema do voso e do noso interese, estades todos convidados.
COMEDOR DO CEIP A MAÍA
Enviado por A Maía o Mér, 12/09/2018 - 3:28pmEstimadas nais, pais, familias,
Temos unha boa nova para comezar o curso, o Concello de Ames ven de publicar hoxe na súa páxina web, despois de comunicalo persoalmente no centro o concelleiro de educación, David Santomil; que O CONCELLO DE AMES ENCARGARÁ UN ANTEPROXECTO PARA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO COMEDOR ESCOLAR NO CEIP DA MAÍA.
.
Preinscrición e renovación dos servizos complementarios
Enviado por A Maía o Xov, 01/03/2018 - 4:15pmO Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2018-2019.
Información do trámite de matrícula
COMEDOR ESCOLAR
Enviado por A Maía o Mar, 22/09/2015 - 2:02pm
Conta cun regulamento de funcionamento aprobado polo Pleno do Concello de Ames. O servizo denomínase “Rede Municipal de Comedores Escolares”, que se define como un servizo público que pretende facilitar aos cidadáns de Ames a conciliación da vida laboral e familiar, no eido dun proxecto educativo no que alumnado poida aprender hábitos alimenticios sans e un correcto comportamento na mesa, así como as normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.
Premendo aquí poden acceder ao regulamento deste servizo.