BASES XV CERTAME BENJAMÍN PAZ


PRIMEIRA.-
Poderá concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos da Terra Chá.
SEGUNDA.-
Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación  Primaria,  e DEBUXO,  para Educación Infantil.
TERCEIRA.-
Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos haberán de ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar o número de traballos que estime conveniente en ámbalas dúas modalidades. Poderán presentarse a máquina ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE á que concorre.  (NON GRAMPAR)
CUARTA.-
Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá empregarse  calqueira técnica e a temática será libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO  figurarán na parte posterior da cartolina.
QUINTA.-
Os traballos serán dirixidos a:
XV CERTAME BENJAMÍN PAZ
CEIP "Antonio Insua Bermúdez",
Rúa Cuart de Poblet, s/n,
27800 Vilalba
SEXTA.-
O prazo de admisión de traballos rematará ás 17 HORAS DO DÍA 12 DE ABRIL DE 2011.
SÉTIMA.-
O Certame estará dotado cos seguintes premios:
MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)
1º Ciclo de Ed. Primaria: 60 €, diploma e flor natural.
2º Ciclo de Ed. Primaria: 75 €, diploma e flor natural.
3º Ciclo de Ed. Primaria: 90 €, diploma e flor natural.
MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)
Infantil 3 anos: Lote de material, diploma e flor natural.Infantil 4 anos: Lote de material, diploma e flor natural.
Infantil 5 anos: Lote de material, diploma e flor natural.
OITAVA.-
O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a cuantía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.
NOVENA.-
O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.
DÉCIMA.-
O dictame do Xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nun acto previsto para o mes de maio e do que se dará conta oportunamente.