XVI CERTAME

ACTA DO XURADO - RELACIÓN DE PREMIADOS

 

 

No Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, segundo convocatoria realizada polo CEIP “Antonio Insua Bermúdez” coa colaboración da Asociación de Minusválidos Benjamín Paz e do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, ás 19.30 horas do día 20 de maio de 2014 reúnense os membros que compoñen o Xurado do XVI Certame Benjamín Paz, integrado por:

• Don Félix Villares Mouteira, Presidente.

• Don Xulio Xiz Ramil.

• Don Afonso Blanco Torrado.

• Don Xosé Antonio Pombo Mosquera.

• Don Xosé M. Felpeto Enríquez, Secretario.

Despois do oportuno estudo dos traballos presentados ao Certame e das pertinentes deliberacións, este Xurado acordaron:

OUTORGAR OS SEGUINTES PREMIOS:

Modalidade: POESÍA

• 1º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “Ter un irmanciño”

resultou ser a súa autora Ilina María Dranca Dranca do CEIP Antonio Insua Bermúdez 

• 2º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “Río Miño”

resultou ser a súa autora Icía Saavedra Cortiñas

do CEIP Antonio Insua Bermúdez

• 3º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “Nena perdida”

resultou ser a súa autora Eva Sanmartín Vázquez

do CEIP Antonio Insua Bermúdez

Modalidade: NARRATIVA

• 1º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “O lapis falador”

resultou ser a súa autora María Seoane González

do CEIP Manuel Mato Vizoso

• 2º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “O país dos desexos”

resultou ser a súa autora Aurora Romero Trastoy

do CEIP Antonio Insua Bermúdez

• 3º Ciclo de Educación Primaria

Premio para o traballo “O meu primeiro día no Instituto” resultou ser a súa autora Ariana Núñez Seoane do CEIP Antonio Insua Bermúdez

Modalidade: DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ

• Infantil 3 anos

Premio para Matías Morandeira Fraga 

do CEIP Antonio Insua Bermúdez

• Infantil 4 anos

Premio para Uxía Ledo Cordal

do CEIP Monseivane  

• Infantil 5 anos

Premio para Mario Castro Abollo

do CEIP Antonio Insua Bermúdez

E para que así conste esténdese a presente acta, que asinan os membros do Xurado, en Vilalba, ás 20:30 horas do día 20 de maio de 2014.


 

BASES DO XVI CERTAME BENJAMÍN PAZ

PRIMEIRA.-

Poderá concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos da Terra Chá.

 

SEGUNDA.-

Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación  Primaria,  e DEBUXO,  para Educación Infantil.

 

TERCEIRA.-

Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos haberán de ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar o número de traballos que estime conveniente en ámbalas dúas modalidades. Poderán presentarse a máquina ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE á que concorre.  (NON GRAMPAR)

 

CUARTA.-

Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá empregarse  calqueira técnica e a temática será libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO  figurarán na parte posterior da cartolina.

 

QUINTA.-

Os traballos serán dirixidos a:

 

XVI CERTAME BENJAMÍN PAZ 

CEIP “Antonio Insua Bermúdez”,

Rúa Cuart de Poblet, s/n, 

27800 Vilalba

 

 

SEXTA.-

O prazo de admisión de traballos rematará ás 17 HORAS DO DÍA 25 DE ABRIL DE 2014.

 

SÉTIMA.-

O Certame estará dotado cos seguintes premios:

 

MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)

1º Ciclo de Ed. Primaria: 60 €, diploma e flor natural.

2º Ciclo de Ed. Primaria: 75 €, diploma e flor natural.

3º Ciclo de Ed. Primaria: 90 €, diploma e flor natural.

 

MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ 

(Infantil)

Infantil 3 anos: Lote de material, diploma e flor natural.

Infantil 4 anos: Lote de material, diploma e flor natural.

Infantil 5 anos: Lote de material, diploma e flor natural.

 

OITAVA.-

O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a cuantía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.

 

NOVENA.-

O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

 

DÉCIMA.-

O dictame do Xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nun acto previsto para o mes de maio e do que se dará conta oportunamente.