INFORMACIÓNS VARIAS





INFORMACIÓNS VARIAS
 


RECOLLIDA DO VALE DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO 2014-2015


Informamos a todos os que presentaron solicitude de axudas para os libros de texto do alumnado que vai cursar 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, que poden pasar a recoller o vale o día 30 de xuño no seguinte horario de mañá: 


- 1º Ciclo de Primaria (1º e 2º): de 10 a 11


- 2º Ciclo de Primaria (3º e 4º): de 11 a 12


- 3º Ciclo de Primaria (5º e 6º): de 12 a 13


(De non poder recollelo nesta data, poderán vir nos días seguintes e ata o 3 de xullo, como máximo)


Unha vez recollido o VALE, hai que levalo á libraría e encargar os libros correspondentes. Se queda algún pai/nai/titor/a legal que aínda non presentara a solicitude, poderá facelo ata a data tope do 2 de xullo. 


FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO NOVO ALUMNADO 2014-2015


Recórdase aos pais/nais/titores legais do NOVO alumnado matriculado neste centro para o curso escolar 2014-2015, que o prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.


No momento de formalizar a matrícula tamén poden presentar, de estimalo oportuno, as solcitudes de axudas para libros, se aínda non o fixeran, de usuario e axuda de comedor escolar ou de transporte de menos de 2 km.



MODELO DO ANEXO III PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO MATRICULADO NO CENTRO


MODELO DE FICHA DE DATOS PERSOAIS


 


SOLICITUDE DE USO DO TRANSPORTE ESCOLAR NAS PARADAS DE MENOS DE 2 KM.


Os pais/nais do alumnado usuario do transporte escolar das paradas a menos de 2 km do Centro (Sixto, Ventorro, Muíños, Guntín, Os Pasos, O Rañego, Barbeitas) deberán pasar polo Colexio do 20 ao 27 de xuño, en horario de mañá, para cubrir a solicitude de autorización do uso do transporte escolar de carácter excepcional, como xa fixeron en cursos pasados.


MODELO DE SOLICITUDE PARA PARADAS DE MENOS DE 2 KM. 



SOLICITUDE DE PRAZA E DE AXUDAS PARA USO DO COMEDOR ESCOLAR.


As solicitudes de praza e as axudas para o uso do comedor escolar poderán presentarse ata o día 3 de xullo. Os impresos para as referidas solicitudes pódense recoller na Secretaría do Centro ou descargalos directamente na páxina web do Colexio: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua


MODELO DE SOLICITUDE DE PRAZA DE USUARIO DE COMEDOR ESCOLAR 2014-2015  


MODELO SE SOLICITUDE DE AXUDA PARA COMEDOR ESCOLAR 2014-2015 (ANEXO II)


Para cubrir as axudas de comedor hai que ter en conta a declaración da renta do 2013 (a que se está a presentar nestas datas). Para saber a renta per cápita haberá que realizar a seguinte operación:


 



   casiña 361 + casiña 363 – casiña 365 + casiña 368 + casiña 371– casiña 511 = X


Unha vez coñecida a cantidade que resulte de facer as anteriores operacións (X), HAI QUE ESCRIBILA NO APARTADO A) DO ANEXO II. A continuación, esta cantidade dividirase entre o número de membros que compoñen a unidade familiar (Y). O resultado da división será a renta per cápita familiar, E ESCRIBIRASE NO APARTADO C) DO ANEXO II.


De xeito resumido:


·      As familias que teñan unha renta per cápita igual ou menor a 7.000€, non terán que aboar nada.


·      As que teñan entre 7.000€ e 8000€, terán que aboar 1€.


·      As que teñan entre 8.000€ e 9.000€, aboarán 2,5 €,


·      As que pasen de 9.000€, aboarán 4,5€.


·      As familias con máis de dous fillos cunha renta per cápita superior a 7.000€ pagarán 1€.