TODOS SOMOS AZUIS. DÍA DO AUTISMO

CELEBRAMOS O DIA DO AUTISMO

Elaboramos un gran mural e pancartas co lema "TODOS SOMOS AZUIS".
Os nenos/as aportaron globos de cor azul que foron colocados nas distintas dependencias do colexio. Así mesmo, o alumnado e profesorado do centro trouxo algo azul na súa vestimenta. Tamén pintamos de azul unha árbore da entrada do cole. A xornada rematou cunha concentración de todos nas pistas do Colexio.