TRAMO DO CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO: MARTIÑÁN-GOIRIZ

CHEGOU O DÍA... O MARTES TOCA CAMIÑATA. 

O CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ organiza, para mañá martes, día 26 de maio, a realización dun tramo do Camiño Norte de Santiago, o comprendido entre Martiñán e Goiriz, todo iso dentro dos actos contemplados para o mes de maio, e tendo en conta tamén o proxecto educativo que se fixou a principios de curso no Programa de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) denominado precisamente “O CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO”.

A totalidade do alumnado (327) e do profesorado (27) do Centro sairán con rumbo a Martiñán en autobús en dous turnos a partires das 10 da mañá. Os nenos de Infantil e 1º e 2º de Primaria realizarán un total de 1,5 km, mentras que os de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria farán o percorrido completo, uns 5,5 km.

Ao remate da ruta, terá lugar no campo da festa de Goiriz a comida de todos os participantes que nesta ocasión estará composta por bocadillos, froitas, bebibles, chocolatinas e auga.

Unha vez acabada a comida terá lugar o regreso en autobús ata o Colexio de forma escalonada, dando por finalizado así esta xornada que pretendemos sexa moi entretida e do agrado de todos.