INFORMACIÓNS VARIAS

 INFORMACIÓNS SOBRE NOVAS MATRÍCULAS, TRANSPORTE E COMEDOR

 

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO NOVO ALUMNADO 2015-2016

Recórdase aos pais/nais/titores legais do NOVO alumnado matriculado neste centro para o curso escolar 2015-2016, que o prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

No momento de formalizar a matrícula tamén poden presentar, de estimalo oportuno, as solcitudes de axudas para libros, se aínda non o fixeran, de usuario e axuda de comedor escolar ou de transporte de menos de 2 km.

 

SOLICITUDE DE USO DO TRANSPORTE ESCOLAR NAS PARADAS DE MENOS DE 2 KM.

Os pais/nais do alumnado usuario do transporte escolar das paradas a menos de 2 km do Centro (Sixto, Ventorro, Muíños, Guntín, Os Pasos, O Rañego, Barbeitas) deberán pasar polo Colexio á maior brevidade posible,

en horario de mañá, para cubrir a solicitude de autorización do uso do transporte escolar de carácter excepcional, como xa fixeron en cursos pasados.

 

SOLICITUDE DE PRAZA E DE AXUDAS PARA USO DO COMEDOR ESCOLAR.

As solicitudes de praza e as axudas para o uso do comedor escolar poderán presentarse ata o día 3 de xullo. Os impresos para as referidas solicitudes pódense recoller na Secretaría do Centro ou descargalos directamente

no seguinte enlace:

 

MODELO DE AUTODECLARACIÓN

 

Para cubrir as axudas de comedor hai que ter en conta a declaración da renta do 2014 (a que se está a presentar nestas datas). Para saber a renta per cápita haberá que realizar a segunte operación:

 

CASIÑA 430 + CASIÑA 445 - CASIÑA 589 = X


Unha vez coñecida a cantidade que resulte de facer as anteriores operacións (X), esta dividirase entre o númerode membros que compoñen a unidade familiar.

O resultado da división será a renta per cápita familiar.

De xeito resumido: 

      • As familias que teñan unha renta per cápita igual ou menor a 7.000€, non terán que aboar nada.
      • As que teñan entre 7.000€ e 8000€, terán que aboar 1€.
      • As que teñan entre 8.000€ e 9.000€, aboarán 2,5 €
      • As que pasen de 9.000€, aboarán 4,5€.
      • As familias con máis de dous fillos cunha renta per cápita superior a 7.000€ pagarán 1€.