XVIII CERTAME BENJAMIN PAZ

BASES DO XVIII CERTAME BENJAMÍN PAZ DE NARRATIVA, POESÍA E DEBUXO

PRIMEIRA.-
Poderá concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos da Terra Chá.

SEGUNDA.-
Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.

TERCEIRA.-
Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos haberán de ser inéditos e totalmente orixinais. Cada partici- pante pode presentar o número de traballos que estime convenien- te en ámbalas dúas modalidades. Poderán presentarse a máquina ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE á que concorre. (PRÉGASE NON GRAMPAR)

CUARTA.-
Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá empregarse calqueira técnica e a temática será libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte pos- terior da cartolina.

QUINTA.-
Os traballos serán dirixidos a:

CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, Rúa Cuart de Poblet, s/n,
27800 Vilalba

SEXTA.-
O prazo de admisión de traballos rematará ás 17 HORAS DO DÍA 22 DE ABRIL DE 2016.

SÉTIMA.-
O Certame estará dotado cos seguintes premios:

MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)

1º e 2º  de Ed. Primaria: 60 €, diploma e flor natural.

3º e 4º  de Ed. Primaria: 75 €, diploma e flor natural.

5º e 6º  de Ed. Primaria: 90 €, diploma e flor natural.

MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)
Infantil 3 anos: Lote de material, diploma e flor natural.
Infantil 4 anos: Lote de material, diploma e flor natural.

Infantil 5 anos: Lote de material, diploma e flor natural.

OITAVA.-
O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a cuantía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.

NOVENA.-
O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A suá composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

DÉCIMA.-
O dictame do Xurado será difundido a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nun acto previsto para o día 27 de maio, no Auditoiro Municipal de Vilalba, e do que se dará conta oportunamente.