AXUDAS, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019

 

No sequinte enlace pódese acceder á relación definitiva do fondo  solidario de libros de texto (3º, 4º, 5º E 6º de Primaria) para o curso 2018-2019.

RELACIÓN DEFINITIVA FONDO LIBROS 2018-2019

Así mesmo, comunícase que os VALES PARA MATERIAL ESCOLAR (Primaria) e os VALES DE AXUDAS A LIBROS (1º e 2º) poderanse recoller a partir de mañá, día 4 de xullo na Secretaría do centro en horario de 10 a 14 horas.     

Os libros que non figuren na lista de cada solicitante terá que ser adquirido pola familia na librería que estime oportuno.

Os reparto dos lotes do fondo de libros será repartido a cada alumno/a nos primeiros días de clase do mes de setembro. 

RELACIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PARA CO CURSO 2018-2019

SOLICITUDE DA CONCESIÓN DO CERTIFICADO DE CALIDADE DE CENTRO SAUDABLE 17-18

O curso pasado presentamos por primeira vez a solicitude, máis problemas de firma electrónica e un erro de envío fixo que non chegara ao Ministerio de Educación, este ano voltamos tentalo e velaí vos presentamos a memoria que remitimos. Sabemos que o reto é complicado, o derradeiro curso de varias centenas de solicitudes soamente concederon 40 certificados.

Solicitude centro saudable 2017-18 ceip antonio insua bermudez

 

Montaje creado Bloggif

ADXUDICACION SUBSIDIARIA DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN QUE NON TIVERON PRAZA NESTE CENTRO

SUPERCONCERTO DE PABLO DÍAZ NO INSUA BERMÚDEZ

Cartaz concerto Pablo Díaz Insua Bermúdez endl biblioteca

REVISTA A PRAVIA 2018

OBRA DE TEATRO "A MALLA" de Lucho Penabade

 

Presentamosvos a obra de teatro, escrita por Lucho Penabade " A Malla".

Dirixe María Guerrero e interpreta alumnado de sexto curso de Primaria.

Trata dunha divertida historia que ocorre nunha aldea chamada A Seara, onde unha parella de vellos, un maquinista e un rapáz  tentan botar os ratos que invaden a aldea.

Na Seara hai espectáculos, onde os trobadores cantan cos veciños. Hai animais de cartón que substitúen aos verdadeiros e son ben bonitos!.

Non podemos esquecer aos veciños sabichóns que critican e remedan a todos, pero aínda así, quéreselles. Todos cantan e bailan cancións preciosas escritas por Mero.

Ademaís dos que viven na aldea , vai vir unha raàza de fora  á que todos chaman  " a neta da casa" .

Romance, comedia, música e moito máis, pero o máis importante é a intriga: conseguirán a vecioñanza botar aos ratos fóra ?

Se queredes saber máis podedes ver esta obra musicada a partires do libro de Xermolos, Pan, escritas por Mero.    

INFORMACIÓNS DE INTERESE PARA AS FAMILIAS

RELACIÓN PROVISIONAL DO FONDO LIBROS 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

No seguinte enlace podedes ver a relación provisional do reparto do fondo de libros de para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria curso 2019-2020. (En tres días pulicaranse os listados definitivos xa coa relación dos libros por materia)

FONDO LIBROS-RELACION PROVISIONAL 2019-2020

Nota.- Pódese consultar tamén a través da aplicación FONDO LIBROS da Consellería de Educación no seguinte enlace

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/prv/CidadanSolListaxe-buscar.action

Así mesmo, a partir de mañá, martes, día 2 de xullo, pódese pasar polo cole en horario de mañá a recoller os vales de MATERIAL (de 1º a 6º de Primaria) ou AXUDAS LIBROS (1º e 2º de Primaria) 

 

A continuación poñemos en coñecemento das familias do alumnado deste Centro as seguintes informacións de interese:


DEVOLUCIÓN DOS LOTES DE LIBROS DO PRESENTE CURSO 2018-2019


Segundo o estipulado na normativa ao respecto, todas as familias do alumnado que dispuxo de libros de texto no presente curso escolar procedentes do fondo solidario (PRÉSTAMO) (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) deberá facer, antes de que remate o curso, a devolución dos mesmos.

Para elo, fíxanse os días 2º e 21 de xuño, último día lectivo, para que o alumnado antes mencionado deixe o lote na súa aula. Unha vez comprobado que todo está en regla, por parte do Centro indicarase na aplicación correspondente que a devolución foi efectuada correctamente para que poidan optar de novo ao fondo solidario previsto para o vindeiro curso 2019-2020.

Se por calquera circunstancia, algún alumno/a non puidera facer efectiva a entrega o día 21, deberá poñelo en coñecemento do seu/súa titor/a. 


RECOLLIDA DO VALE DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO 2019-2020 (1º-2º)

Informamos a todos os que presenten solicitude de axudas para os libros de texto do alumnado que vai cursar 1º ou 2º de Primaria, así como todos os que solicitaron axudas para material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) que, en principio,  está previsto que poidan pasar a recoller os vales correspondentes entre os días 2 e 5 de xullo en horario de mañá.


FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO 2019-2020 (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria)

Así mesmo, comunicamos a todos os que presentaron solicitude para o fondo solidario dos libros de texto do alumnado que vai cursar 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, que previsiblemente entre o día 2 (provisional) e o 5 (definitiva) de xullo será exposta no tablón de anuncios e na páxina web do Centro a relación coa lista ordenada do alumnado con dereito a que se lle asigne un lote. Este será entregado os primeiros días lectivos do vindeiro curso escolar (a partir do 11 de setembro de 2019).

Os libros que non figuren nos lotes deberán ser encargados polas familias nas librarías ou ben conseguilos por outros medios.

Os que aínda non presentaron a solicitude e queiran facelo, teñen de prazo ata o venres, 21 de xuño.


SOLICITUDE DE PRAZA PARA USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR E ANEXO II DE AUTODECLARACIÓN (RENTA 2018)

As familias do alumnado que presentaron solicitude de praza de usuario do comedor escolar para o vindeiro curso (xa entregada) deberán entregar tamén o ANEXO II DA AUTODECLARACIÓN que permitirá saber, de ter praza de usuario, se teñen dereito á gratuídade ou ben pagar algunha das cuotas estipuladas dependendo da renta do ano 2018: 1 € - 2,5 € - 4,5 €. O alumnado do centro que non foi usuario así como o alumnado de nova matrícula que queiran solicitar servizo de comedor, poderán facelo presentando a solicitude e a autodeclaración a partir do 20 de xuño.

O Anexo II da Autodeclaración poderanse conseguir na secretaría do Centro ou mesmo descargalo nalgún dos seguintes enlaces. 


MODELO DE AUTODECLARACIÓN - ANEXO II (COMEDOR ESCOLAR 2019-2020)

 

INFORMACIÓN PARA CUBRIR O ANEXO II DE AUTODELARACIÓN


MODELO CALCULADORA PARA RENTA PER CÁPITA (RENTA 2018)

 
Instrucións da Consellería COMEDORES

 

Corrección de Erros das instrucións anteriores

 
Instrucións da Consellería TRANSPORTE

 
O PRAZO PARA PRESENTAR A AUTODECLARACIÓN-ANEXO II REMATARÁ, INICIALMENTE, O DÍA 5 DE XULLO, AÍNDA QUE SE PODERÁ FACER TAMÉN NOS PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBRO.


SE HAI MAÍS SOLICITUDES QUE PRAZAS HABERÁ QUE LEVAR A CABO BAREMO, NO MES DE SETEMBRO, ATENDENDO A SEGUINTE ORDE DE PRIORIDADES:


1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.

2. Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos nas Instrucións 2019 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2019-2020.

3. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.

4. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.

5. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente, mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores, xunto cunha copia dos contratos de traballo, polas. altas censuais iniciais ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e as modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente, de habelas e polas certificacións expedidas polas xefaturas de persoal correspondentes

6. Outro alumnado do centro. Neste suposto atópanse os escolarizados voluntariamente fóra da área de influencia que lles corresponde.

7. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atención e apoio ao alumnado.

 
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN  COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019/2020.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2019-2020, formar parte das listas de colaboración para as tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar poden cubrir e presentar a solicitude na secretaría deste Centro. O prazo para presentar a solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 6 de xullo. Podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, dende o 1 de setembro ata o 21 de decembro de 2019. 

 
O  modelo de solicitude pode recollerse no centro ou descargalo no seguinte enlace:


IMPRESO PARA SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR 2019-2020
 

SOLICITUDE DE USO DO TRANSPORTE ESCOLAR EXCEPCIONAL NAS PARADAS DE MENOS DE 2 KM.

Os pais/nais do alumnado usuario do transporte escolar das paradas a menos de 2 km do Centro (Sixto, Ventorro, Muíños, Guntín, Os Pasos, O Rañego, Barbeitas) deberán pasar polo Colexio, como máximo do ata o 6 de xullo, en horario de mañá, para entregar a solicitude de autorización do uso do transporte escolar, como xa fixeron en cursos pasados. A solicitude podese descargar no seguinte enlace.


MODELO DE SOLICITUDE TRANSPORTE USUARIO EXCEPCIONAL (MENOS DE 2 KM.)


ALUMNADO de 6º QUE FINALIZA OS ESTUDOS DE PRIMARIA

As familias do alumnado que cursou 6º de Primaria no presente curso 2018-2019 e promocione á ESO, poderán pasar polo Centro durante o mes de setembro para recoller o Historial Académico, que en calquera caso poderán facelo noutras datas.


FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO NOVO ALUMNADO 2019-2020

Recórdase aos pais/nais/titores legais do NOVO alumnado matriculado neste centro para o curso escolar 2019-2020 que o prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño

No momento de formalizar a matrícula tamén poden presentar, de estimalo oportuno, as solicitudes de axudas para libros e material –estas, co límite do 21 de xuño-, de usuario e axuda de comedor escolar ou de transporte de menos de 2 km.

 

LISTADOS DEFINITIVOS ADMISIÓN ALUMNADO 2018-2019

ADXUDICACIÓN SUBSIDIARIA DAS SOLICITUDES QUE NON TIVERON PRAZA NESTE CENTRO

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018-2019

 

LISTADOS DEFINITIVOS 

 

ALUMNADO CON PRAZA INFANTIL 3 ANOS

ALUMNADO SEN PRAZA INFANTIL 3 ANOS

ALUMNADO CON PRAZA 1º DE PRIMARIA

ALUMNADO CON PRAZA 4º DE PRIMARIA 

 

O ALUMNADO ADMITIDO TEN QUE FACER A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO.

O ALUMNADO ADMITIDO PARA EDUCACiÓN PRIMARIA (1º e 4º, neste caso) QUE TEÑAN INTENCIÓN DE SOLICITAR AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO OU MATERIAL ESCOLAR DEBERÁN FACELO ATA O 22 DE XUÑO.

SE DESEXAN SOLICITAR COMEDOR E/OU TRANSPORTE ESCOLAR, PODERÁN FACELO NO MOMENTO DE FORMALIZAR A MATRICULA

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTES ASPECTOS NESTA MESMA PÁXINA WEB OU NA SECRETARÍA DO CENTRO

O ALUMNADO QUE NON OBTIVO PRAZA NESTE COLEXIO SERÁ ADSCRITO A OUTRO CENTRO EDUCATIVO DA VILA POR PARTE DA INSPECCIÓN EDUCATIVA


 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018-2019

No DOG do 21 de maio de 2018 saiu publicada a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

 1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Destinado ao alumnado de 3º e 4º de Primaria.

2. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Destinado ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Para rendas per cápita do ano 2016 inferiores a 9.000 €.

3. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º 4º, 5º e 6º  Primaria.  Para rendas per cápita do ano 2016 inferiores a 5.400 €.

NORMAS XERAIS

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 22 de xuño de 2018, inclusive.

 

A instancia será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2018-2019, podéndose cumplimentar das seguintes maneiras:

                                  

-De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace.

-Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.

Documentación para a presentación:

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación: 
    • a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar que se inclúe no Anexo I).
    • b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios: 
      • 1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
      • 2º. Certificado ou volante de convivencia.
      • 3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 A instancia única pode presentarse para

1. PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DESDE 3º A 6º DE PRIMARIA

Para ser beneficiario do fondo solidario de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto emprestados no curso 2017-2018.

Teranse en conta ás seguintes datas:

-Ata o 22 de xuño. Devolución nas respectivas aulas do centro dos libros emprestados.

-3 de xullo. Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.

-4 e 5 de xullo. Periodo de reclamación á adxudicación provisional.

-6 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.

-Primeiro día de clase de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado.

 

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

      Para o alumnado de 1º e 2º de Primaria

          Do 3 ao 6 de xullo. Entregarase o Vale aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo.

 

3. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

            Do 3 ao 6 de xullo. Entrega do Vale para material aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo

 

CADRO RESUMO


ENLACES DE INTERESE:

 MODELO DE SOLICITUDE ANEXOS I-II

 PUBLICACIÓN DA ORDE NO DOG

 SEDE ELECTRÓNICA

 APLICACIÓN FONDO LIBROS

 MÁIS INFORMACIÓN 

 

Distribuir contido