Skip to Content

DÍA DO LIBRO 2016

    

Marcapáxinas pola solidariedade

Cambiamos historias de vida

Fomentar a lectura e facelo unido a unha educación en valores é posible. Este 23 de abril, Día do Libro, propuxémonos que a creatividade do noso alumnado decorando estes magníficos marcapáxinas e recaudando nada menos que 1325 euros coa súa venda, axudara a marcar o cambio de rumbo de miles de historias.

Esta actividade permitiunos coñecer de cerca a realidade doutros nenos e nenas que viven situacións de inxustiza e ofreceunos unha ferramenta para contribuir a cambiar un pouquiño o final desas historias.

A recaudación dos fondos conseguidos será destinada aos programas de desenvolvemento e emerxencias que Save the Children ten para combatir a desnutrición infantil.

Foi moi emocionante ver a toda a Comunidade Educativa unida por unha mesma causa, que é intentar mellorar as condicións de vida de todos os nenos e nenas do mundo. Moitas grazas.

Aquí vos deixamos una mostra do traballo realizado, agardamos que vos guste !!!

 
 
                            


page | by Dr. Radut