Benvida

Benvidos á web do CEIP Antonio Pedrosa Latas.

Celeiro-Viveiro (LUGO)

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

 

Axudas para adquisición de libros e texto e material escolar

O xoves, 23 de xuño, remata o prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º curso) e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria.

Os cheques entregaranse os días 4, 5 e 6 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas na Secretaría do Centro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

Os libros do curso actual, tanto do fondo do colexio como da ANPA, serán entregados o día 23 de xuño, en horario de 10:00 a 13:00 horas. A entrega deberá facela o pai, nai, titor ou titora do alumno dado que haberá que asinar a mesma unha vez revisados e comprobada a total devolución dos mesmos.

A entrega dos libros (tanto do fondo do colexio como da ANPA) para o curso 2016-2017 farase os día 6 e 7 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas, tendo como requisito previo a devolución dos libros do curso anterior.

 

 

Cambio de número de teléfono

O centro ten novo número de teléfono:

982870953 (dirección)

982870951 (secretaría)

 

Axudas para libros de texto

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017.

Xúntase a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Orde do 27 de abril de 2016 (DOG)

Librarías incluídas no programa axudaslibros

 

RESUMO:

Fondo solidario para a adquisición de libros de texto e

material escolar curso 2016/2017 en Galicia

 

A Consellería de Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Prazos de presentación de solicitudes: 

 

1.    Dende o 18 ao 23 de xuño de 2016. 

2.    O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017. 

 

Requisitos:

  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nos cursos obxecto desta convocatoria en educación primaria, nun centro sostido con fondos públicos de Galicia, durante o curso 2016/17.
  • Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
  • Para o alumnado de educación ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2015/16. O prazo máximo para esta devolución será o 23 de xuño.
  •  As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna.

DOTACIÓN:

Concederanse as axudas segundo a renda per cápita familiar no ano 2014 (máximo 250 euros). 

Admisión e matriculación de alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2016 - 2017

O luns, 1 de febreiro iníciase o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2016- 2017.

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Anexo I: Reserva de praza

Anexo II: Formularios de admisión e matrícula

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

  • Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición: 1 e 15 de febreiro.
  • Data do sorteo público a efectos de desempate: Última semán de febreiro.
  • Publicación de postos escolares vacantes: Antes do 1 de marzo.
  • Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
  • A solicitude ten que facerse co impreso oficial, onde se poderá solicitar ata 6 centros, por orde de preferencia.
  • Presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: A partir do 22 de marzo.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: Antes do 25 de abril.
  • Reclamacións: 5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.
  • Publicación de listaxes definitivas: Antes do 15 de maio.

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

FELIZ ANO 2016

Comezamos un novo ano  con ilusións e moitas ganas de traballar.
Para empezar presentamos o calendario que fixemos cos nenos e nenas do colexio.
Os interesados en obter algún exemplar poden pasar pola secretaría do Centro. O prezo é de 5 €.

Axudas para compra de material escolar

ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

 

 

Descargar PDF

 

Requisitos

1. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

2. As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) .

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

2. As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) .

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:

a) Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.

Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.

c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.

LIBROS DE TEXTO PARA INFANTIL

Os libros de texto elexidos para infantil 4º infantil (3 anos) e 6º infantil (5 anos)  non se atopan dispoñibles, dado que pechou a editorial, polo que

ESTES SON OS NOVOS LIBROS PARA INFANTIL

 

 

Libros de texto para o curso 2015-2016

 

Para o curso 2015-2016 os alumnos e alumnas deberán traer os seguintes libros:

LIBROS DE TEXTO 2015-2016

Distribuir contido