Obradoiro Ópera "A frauta máxica"

Qué gran sorte foi ter este Obradoiro da man do noso querido Andoni Martinez baraño,  coñecido coma o "Tenor do confinamento".

Fíxonos viaxar no tempo e navegar nun mar de emocións.

Moitísimas grazas Mozart.

 

                                                         

 Vídeo

 

    Andoni Martinez Baraño info@eraseunavezlaopera.com

CAMIÑANDO XUNTOS POLA PAZ

Desde o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz.

Un ano máis no colexio celebramos esta festividade con traballos de aula e diversas actividades plásticas e musicais.

O mural de centro  transformouse nun “CAMIÑANDO XUNTOS POLA PAZ” decorado coas PEGADAS feitas por todos os nenos e nenas do colexio.

 

 

O alumnado de sexto leu un precioso manifesto pola Paz.

 

 

Posteriormente todos xuntos bailamos e cantamos "O Baile da Paz"

 

 

Plan do Concello en colaboración coa Asociación Érguete.

                              

XA TEMOS AS DATAS PARA AS PORTAS ABERTAS!!!

ABERTO PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA NO NOSO CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025 (IES CORUXO)

                                                  Reserva de Praza

 

Prazo: 15 xaneiro-5 febreiro

 

Solicitude: Anexo I (entregado ao alumnado pola titora)

 

Lugar de entrega: secretaría do noso centro, ÚNICAMENTE o alumnado de 6º de Primaria que vaia a cursar 1º da ESO no noso centro adscrito, IES CORUXO.

 

 Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta.     Enlace.

 

O alumnado que vaia a cursar a ESO nun instituto distinto, solicitará a matrícula entre o 1 e o 20 marzo no centro desexado. 

 

                         

                                           Máis Información: Enlace

 

 

NADAL 2023

Os últimos días de decembro sempre están cheos de emoción, acércanse as vacacións de Nadal, acércase a chegada de Papá Noel, o fin de ano coas súas 12 badaladas e uvas correspondentes, e tamén nós veñen a visitar os Reis Magos! Son días de moitas ilusións e no colexio quixemos compartir os últimos días coa ilusión de que xa estabamos de celebración! 

Fixemos intercambios de postais de Nadal, decoramos o colexio coa árbore de Nadal e uns adornos relacionados co camiño de Santiago e tamén nos veu a visitar unha Paxe Real!

E o xoves día 21 de decembro celebramos o noso singular día de "FIN DE ANO TINTUREIRA" cunha representación musical do concerto de Viena,

tomamos todos xuntas as 12 uvas ao son das badaladas e cantamos e bailamos ao ritmo de Mariah Carrey o tradicional "ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU"

Desfrutamos un montón e deunos impulso para despedir ben o ano e comezar o 2024 cheos de boa enerxía! 

FELICES FESTAS A TOD@s!

 

 

 

 

AQUÍ TEDES O PROGRAMA DO NOSO NADAL

  

 

    

 

 

 

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero 25N

O Día Internacional contra a Violencia de Xénero conmemórase o día 25 de novembro para denunciar a violencia exercida sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en tódolos países para a súa erradicación.

CEIP A PAZ únese a esta protesta para que non haia NIN UNHA MÁIS

 

 

A Volta ao Cole Solidaria

"A VOLTA AO COLE" CONTRA A LEUCEMIA 

         Parabéns a tod@s novamente, pola participación e esforzo na carreira solidaria “A volta ao cole”, para transmitirlle o noso ánimo a todos os peques enferm@s de leucemia e que pronto poidan volver ao seu cole. Preme no logo para ver a xornada de andaina.

          Grazas a ANPA e ao comedor do cole pola súa colaboración. 

                                             Moitas grazas.

DÍA MUNDIAL DO PAN, 16 de outubro

Así celebramos no colexio o "Día Mundial do Pan"

Distribuir contido