Novidades
TIVEMOS DEGUSTACIÓN DE GUACAMOLE NA "HISTORIA DUN AGUACATE"
Enviado por ElenaValle o 10 Maio 2023 - 4:15pm
|
RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: UNHA DE ASTERIX E OBELIS... PARA DEGUSTAR PORCO CELTA CON CASTAÑAS AO FORNO!!!
Enviado por ElenaValle o 20 Abril 2023 - 3:48pmRECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: "¡QUE ASCO DE SÁNDWICH!".NO É ASÍ O DO NOSO COLE, NON!
Enviado por ElenaValle o 20 Abril 2023 - 1:32pm
|
REMATAMOS O TRIMESTRE CON "200 ROSCÓNS DE PASCUA" NUN OBRADOIRO MOI DOCE.
Enviado por ElenaValle o 5 Abril 2023 - 4:04pm
Fomos noticia con este obradoio tan doce, que nos organizou o noso estupendo equipo de cociña, coa nosa cociñeira Libia como promotora. Mil grazas, porque foi un éxito e repetiremos os vindeiro anos.
CLICADE NO ENLACE PARA VER A NOTICIA: https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/03/31/maestros-reposteros-cantera-85421910.html
Os últimos días de cole, fixemos un obradoiro de roscón de Pascua con todos os nenos e nenas do colexio. Que ben o pasamos todos! Algún entrou no comedor, despois de lavar as mans, como se de un quirófano se tratase. Hixiene ante todo!!! Qué ilusión! e canta creatividade nun roscón! Redondos, avalados, trenzados, bolos, con azucre, con moita azucre e con "unha poca" laranxa. No primeiro turno, case quedamos sen laranxas, e tivemos que racionalas nos seguintes. Gracias infinitas a todos e todas os que fixéstedes posible este obradoiro: persoal de cociña, profesorado, alumnado, Iago e esas nais que sempre están para todo. Sempre da gusto mirar a toda a comunidade, remar cara o mesmo lado. E nos queremos esquecernos, e dende a nosa cociña pedimos disculpas pola intromisión en tan laboriosa profesión. A dos traballadores e traballadoras dos obradoiros de panadarías e pastelerías, que estes días están cos fornos acendidos as 24 horas. Porque non queren que falte ningún roscón nas nosas casas. Esperamos que chegara algo as casas, e o pudideses saborear en familia.
E Tamén houbo o premio do gran roscón... ¡NORABOA, DANI!
|
RECEITAS LITERARIAS DA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: LIBROS PARA APRENDICES DE BRUXA QUE TROUXERON LENGUADINA!
Enviado por ElenaValle o 28 Marzo 2023 - 1:26pmRECEITAS LITERARIAS DA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: UNHAS RICAS VERDURAS CON MOITOS RIZOS, TANTOS COMO OS DESTE CONTO "NO QUIERO EL CABELLO RIZADO".
Enviado por ElenaValle o 17 Marzo 2023 - 10:43amDÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por ElenaValle o 27 Febreiro 2023 - 10:13pm
No centro tivemos obradoiros, concerto con alumnado, familiares e Sabina unha das axudantes da nosa cocina, e baile. E por suposto, un riquísimo "caldo de gloria", no noso comedor. Todo para celebrar o merecido día de Rosalía de Castro.
Aquí vos deixamos algúns videos da festa que tivemos.
|
CONSELLO DE COMEDOR DO MES DE MARZO
Enviado por ElenaValle o 27 Febreiro 2023 - 4:13pm
Seguimos contando coa opinión dos nosos asesores e asesoras, para a elaboración dos menús. Sempre coa nosa taboa de recomendacións saudables, que nos permite buscar uns platos equilibrados e con productos de tempada e de proximidade.
|
A ESCOLA NO COMEDOR: FESTEXAMOS SAN VALENTÍN PORQUE COMPARTIMOS. NESTE CASO, UNHA RECEITA.
Enviado por ElenaValle o 15 Febreiro 2023 - 8:18pm
A nosa pequena Claudia Carneiro, fai xa tempo que nos troixo con moito "LOVE", esta receita de galletas. Por ser hoxe un día moi agarimoso, Día De San Valentín, pensando que era unha ocasión moi especial para probalas. Que non perdan o tempo os ladróns de Bumblefort, porque non quedaron nin as faragullas! Compartimos a receita con permiso de Claudia, por petición da nosa afección.
|