Novidades

RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: RIQUÍSIMA LASAÑA QUE COMIMOS NO COMEDOR, ENCANTARÍALLE AO GATO GARFIELD

Hoxe todos sacamos ese Garfield que levamos dentro e papamos a lasaña que nos fixeron no na nosa cociña do cole. 

Non sabemos que lle parecería a ese gatiño se probase a do noso comedor, que fixeron Libia, Ana e Iago con ingredientes moi especiais:

  • Leite ecolóxica da Casa Grande de Xanceda.
  • Queixo da D.O.ProtexidaArzúa Ulloa Benigno Pereira Ramos.


Graciñas coma sempre, por complementar o noso proxecto de centro "Érase unha vez... a historia de ler"

Slow food Compostela.

RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: DO CONTO DE ALICIA NO PAÍS DAS MARAVILLAS AO RIQUÍSIMO SUPERBOCATA DE CHOUPAS NO COMEDOR.

  "Érase unha vez a aventura de ler" así se chama o proxecto educativo deste curso escolar 2022/2023.

Grazas ás ideas da nosa cociñeira Libia, hoxe ó noso bocadillo de choupa de pan trigo autóctono galego e rúcula ecolóxica, pasóulle coma a Alicia, MEDRO E MEDROU!!!

Non nos visitou o Sombrereiro Tolo para convidarnos até, pero igual que no libro de "Alicia no país das marabillas", no comedor do CEIP A Paz Tintureira calquera día nos vale para celebrar os "non cumpreanos".

E hoxe ás únicas que se lles cortou a cabez, foi ás estupendas choupas que nos trouxo Pescados Loureda, e como sempre ao "xuizo", fomos nós como acusados, pero a condea foi mínima.

Os nosos proveedores: Pescados Loureda, A Leira de Lola e Aboamigalla.

Slow food Compostela.

 

 

ASÍ DE BONITO ESTABA O COMEDOR PARA FESTEXAR OS PRIMEIROS ANIVERSARIOS DE ESTE CURSO!

O equipo de cociña adornou o noso comedor para esta ocasión, e estaba...CHULÏSIMO! 

Ademáis prepraron una riquísima torta que degustaron todos os comensais xuntos, despois de cantar aos homenaxeados. Estes foron todos os nenos e nenas que cumpriron anos en setembro e tamén, os nenos e nenas que cumpriron anos no verán. E os nenos e nenas homenaxeados tiveron que soprar a veliña que tiñan no seu trociño de torta, despois de pedir o seu desexo.

NORABOA  TODOS E TODAS!

CONTINUARÁ... TODOS OS ÚLTIMOS VENRES DE MES.

ASÍ FOI O "1º CONSELLO DE COMEDOR"

O pasado 20 de setembro, no comedor do noso centro, despois do recreo, reuníronse o Equipo de cociña e un grupo de alumnso e alumnas representantes dos cursos de 3º a 6º de Educación Primaria, para participar no 1º Consello de Comedor.

A idea foi proposta pola nosa cociñeira Libia ao Equipo Directivo, coa finalidade de facer ao alumnado partícipe da elaboración dos menús que se elaboran mensualmente. Así, escoitáronse as súas preferencias, que se presentaron atendendo ás directrices que fan tan especial ao noso comedor : variado, saudable e completo. E logo, decidíronse algunhas que conforman o menú deste mes de outubro:

  • Zume de laranza natural e outro día limonada.
  • Nachos con crema de queso do cebreiro.
  • Wok de polo e verduriñas.
  • Brócoli con ovo.
  • Peixe do día.
  • Lasaña de carne.
  • Pócema máxica de cabaza.
  • Morcegos piollosos.
  • Hamburguesa de porco celta.
  • Nuggets caseiros.
  • Minestra de verduriñas con garbanzos.
  • Tortilla de patacas con ensalada.

E por suposto, axudaron a conformar o menú do menú do mes de outubro: 

 MENÚ OCT 2022.pdf

Estes foron os participantes do  1º Consello de Comedor.

A RADIO GALEGA ENTREVISTOUNOS POLO COMEDOR DO NOSO COLE.

Fai uns días a radio galega no programa "A Tarde" entrevistou algúns membros da nosa comunidade educativa partícipes na xestión e uso do comedor escolar. No seguinte enlace podedes acceder ao podcast do programa:

 PODCAST PROGRAMA "A TARDE"

Enlace á web da radio galega

EMOTIVO DÍA DE DESPEDIDAS

 Moita alegría vivimos este venres na entrega de premios con Pepe Solla.  Lamentablemente tamén foi o día da despedida dun moi querido compañeiro do equipo de cociña, que despois  de estar con nós máis de dous anos debe abandonarnos.

Despedímolo con moita pena entre aplausos e apertas, e arrodeado do cariño de todo o alumnado e do persoal do centro. 

Ata sempre Iago, e moita sorte!

 

 

 

O día deixábanos tamén un último momento de emoción e tristura ao ter que despedir a titora da clase de 3º, Mª Luz, que leva con nós desde principio de curso.

Moi querida polos seus alumnos, e a quen despedimos desexándolle tamén moita sorte e esperando volvela ver nun futuro.

Ata sempre, Profe!

 

ENTREGA DO PREMIO: "HOXE COMEMOS NA CASA DE..."

 

 

 Hoxe foi o gran día! Chegou o momento da entrega do premio do concurso "Hoxe comemos na casa de..." ao seu gañador  Roque Rey Bangueses de 1º de Primaria.

E como estabamos esperando, para facerlle a entrega do tan merecido premio, recibimos a visita do gran Cociñeiro Pepe Solla. E o acto desenvolvémolo no patio cuberto, da man da nosa directora Elena, a nosa cociñeira Libia, promotora do concurso, e o noso padriño da actividade Pepe Solla.

Roque estaba un pouco nervioso e falou pouco, pero sabemos que tamén estaba moi moi contento. Estivo acompañado polo seu pai, o seus compañeiros e compañeiras de todo o cole, os mestres e o equipo de cociña. Recibiu como agasallo:

         · Un diploma firmado pola nosa cociñeira Libia e polo noso padriño.

      · Dous diplomas iguais para as súas avoas, que son grandes facedoras de filloas e creadoras da receita que trouxo e namorou o xurado: "Filloas recheas de cocido"

         · E un mandil que trouxo Pepe Solla do seu restaurante "Casa Solla".

O cociñeiro amosouse encantado de compartir con nós esta iniciativa. E de feito, xa quedamos emprazados para que siga como padriño da videira edición do concurso, o ano que vén. Pepe coas súas palabras animou aos nenos e nenas a comer saudable, a valorar os produtos que temos na nosa contorna, a probar alimentos e receitas novas, e sobre todo, a meternos na cociña e experimentar cos recursos e alimentos que teñamos.

Para rematar, quixemos agradecerlle a Pepe cun pequeno agasallo, a súa cercanía, amabilidade e sobre todo, o tempo que nos dedicou e que sabemos que non ten. Libia a nosa cociñeira axudounos a decidir e buscar algo que lle gustara, e mercámoslle unha pulseira que lle gustou moitísimo.

Mil grazas de novo ao noso equipo de cociña por estas iniciativas que enriquecen o noso proxecto educativo. E a Pepe Solla, tamén mil grazas por prestarse a colaborar e pola súa visita.  

 

      

XA TEMOS RECEITA GAÑADORA!

 E, despois de moito esperar, chegou o día no que o noso padriño, o gran chef Pepe Solla, anuncie a receita gañadora do concurso

"Hoxe comemos na casa de..."

E a Receita gañadora é a de Roque Rey Bangueses de 1° de primaria que conquistou a Pepe Solla e ao xurado coa súas "Filloas recheas de carne de cocido"

O proximo venres 8 de abril degustaremos está apetitosa receita no noso comedor e Roque recibirá un agasallo moi especial da man do mesmo Pepe Solla.

Grazas ao noso equipo de cociña por facermos participar destas actividades tan interesantes,

Parabéns a Roque e á súa familia (en especial á súa avoa) e a tódalas familias participantes neste concurso no que o premio é para todas e todos.

 

BO PROVEITO!!!

COMENDO E APRENDENDO: ESTA VEZ SOBRA A RIQUÍSIMA TORTILLA.

Grazas á nosa cociñeira Libia, o comedor segue a ser un lugar para aprender, moi interesante. Este vez sobre a tortilla, que tamén ten o seu día mundial para celebrar o riquísima que está. 

Distribuir contido