Secretaría

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR



 A consellería de Educación ven de convocar as axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024-25.

 

Lexislación:Orde do 7 maio de 2024 (DOG 20 de maio de 2024)

 

Beneficiarios

- Fondo solidario de libros: Ado. que pasa a cursar 3º,4º,5º e 6º de E.P. 

(É imprescindible para acceder a este fondo a devolución dos libros do curso anterior no prazo correspondente: 24-27 de xuño) ( horario secretaría de 09:15 a 10:00).

- Axudas para libros de texto: Ado. de 1º e 2º de E.P. así como Ado. NEAE.

- Axudas para adquirir material escolar: Ado. matriculado en Primaria.

 

 Prazo de presentación: Ata o 21 de Xuño.

 

Como solicitar:

- Telematicamente, preferiblemente: Entrando na aplicación Fondolibros e completando os diferentes apartados.

- Para a presentación no centro : Imprimindo e cubrindo o Anexo I e II e entregándoos xunto co resto da documentación no centro educativo, en horario de secretaría (de luns a venres de 09:15 a 10:00h)ANEXO I e ANEXO II

 O alumnado de 6º curso deberá entregar esta documentación no IES no que esté admitido para o próximo curso.

  • 1. Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica          

  • https://sede.xunta.gal/portada           

  • IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter:

A) Conta de Chave365, ou

B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • 2. Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo                  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
  • 3. Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

Documentación:

- Anexos I e II cubertos asinados polo pai,nai ou titor legal.

- Orixinal e Copia do libro de familia de todos os membros, ou documentación xustificativa de cambio de situación familiar.

- En caso de discapacidade ou minusvalía, certificación.

- En caso de separación ou divorcio, achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

 O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

 

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

 

ABERTO PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA NO NOSO CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025 (IES CORUXO)

                                                  Reserva de Praza

 

Prazo: 15 xaneiro-5 febreiro

 

Solicitude: Anexo I (entregado ao alumnado pola titora)

 

Lugar de entrega: secretaría do noso centro, ÚNICAMENTE o alumnado de 6º de Primaria que vaia a cursar 1º da ESO no noso centro adscrito, IES CORUXO.

 

 Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta.     Enlace.

 

O alumnado que vaia a cursar a ESO nun instituto distinto, solicitará a matrícula entre o 1 e o 20 marzo no centro desexado. 

 

                         

                                           Máis Información: Enlace

 

 

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023-2024

Publicouse no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023 a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023.

A Presentación de solicitudes do alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA farase no centro escolar ou mediante a sede electrónica_Procedemento ED330B. O prazo de presentación remata o 21 de xunio de 2023.

 

Clicando neste pdf, podedes acceder ás instruccións:

Instrucións fondolibros 2024-2025.pdf

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO CENTRO.

Alumnado admitido por curso:

- 4ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 1º E. Primaria: a alumna E.S.G. está pendente da decisión da comisión de escolarización, o  presentar a solicitude fora de prazo. 

- 5ºE. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

 O prazo de formalización da matrícula será, se non hai cambios, do 20 ao 30 de xuño e xa vos indicaremos a documentación que tedes que traer ao centro, nesas datas.

 

Estade atentos á información que iremos publicando na nosa web.

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA: Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (para terapia en gabinete psicopedagóxico)

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet.

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Para cubrir a solicitude entra nesta ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

Despois de cuberta a solicitude on-line, a familia ten que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos.

Posteriormente a familia terá que entregar no Departamento de Orientación do colexio os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso).

Prazo de presentación:  ABERTO dende 8 de maio

ata o       20 de setembro de 2023

 Para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non deben agardar ao derradeiro día.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO CENTRO.

Alumnado admitido por curso:

- 4ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 1º E. Primaria: a alumna E.S.G. está pendente da decisión da comisión de escolarización, o  presentar a solicitude fora de prazo. 

- 5ºE. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

 As listaxes provisionais publicaranse o longo do mes de maio.

 O prazo de formalización da matrícula será, se non hai cambios, do 20 ao 30 de xuño e xa vos indicaremos a documentación que tedes que traer ao centro, nesas datas.

 

Estade atentos á información que iremos publicando na nosa web.

 

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/2024

Iníciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024.

 

PRIMEIRA FASE: RESERVA DE PRAZA

Prazo: 11 xaneiro-8 febreiro

Solicitude: Anexo I

Lugar de entrega: secretaría do noso centro

Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia realizar 1º da ESO no curso 23-24 no noso centro adscrito, o IES Coruxo. Deberán entregar na secretaría do noso centro o Anexo I de reserva de praza cuberto e asinado.

Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. ENLACE

O alumnado que estea actualmente matriculado nalgún curso no noso centro e que non vaia cambiar de colexio, non necesita facer ningún trámite, a súa praza queda automaticamente reservada para o curso seguinte. Se desexan facer algún cambio con respecto a materia optativa relixión/valores, deberán solicitar este cambio no centro durante este prazo.

 

SEGUNDA FASE:  NOVA ADMISIÓN

Prazo: 1-20 marzo

Solicitude: Anexo II

Lugar de entrega: O centro de destino

Esta segunda fase vai dirixida ao:

- Alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO nun instituto diferente ao IES Coruxo.

- Alumnado dos distintos cursos do noso centro que queira cambiar de colexio.

- Alumnado que se escolariza por primeira vez: 4º Educación Infantil (3 anos)

 

Nas próximas semanas publicarase  máis información relacionada con este proceso de admisión.

MAIS INFORMACIÓN:  

www.edu.xunta.gal

LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO.

PREMA NO ENLACE PARA VELO:

 -LISTAXE DEFINITIVA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DO CURSO 2022-2023

Podedes pasar a recollelos dende hoxe venres ata as 13:30h. E tamén, na vindeira semana, os días 11, 12, e 13 de xullo, en horario de 10:00h a 13:30h. 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO LIBROS CURSO 2022-2023

PREMA NO ENLACE: 

-LISTAXE PROVIXIONAL ALUMNADO DE PRIMARIA ADMITIDO- CURSO 22-23

-LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO DE PRIMARIA EXCLUIDO CURSO 2022-2023

No taboleiro do centro poden consultar tamén as listaxes,e é posible consultar esta información na aplicación Fondolibros, mediante o uso da chave 365 ou con certificado dixital.

O mércores 6 de xullo publicaranse as listas definitivas e poderán pasar a recoller os vales os días 11, 12 e 13 de xullo en horario de 10:00h a 13:30h.

Calquera dúbida pode ser consultada a través do:

- correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es

- teléfono do centro: 886 120 271

Distribuir contido