ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE E. INFANTIL E EN EDUCACIÓN PRIMARIA:
- ADMISIÓN
Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo (criterios de admisión)
Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
- MATRÍCULA
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
-----
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN
Comeza o proceso para a reserva de praza no IES LUCUS AUGUSTI, por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria matriculado neste curso 2023-2024 no CEIP A PONTE.
O prazo de presentación das solicitudes será do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o ANEXO I en papel, ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ .
Dita solicitude deberá presentarse no CEIP A PONTE ou a través da Sede Electrónica. Neste último caso precisarase dispoñer de Chave 365 ou certificado dixital para poder asinala.
No seguinte enlace podedes consultar a normativa de aplicación e outra información relacionada co citado procedemento.
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action