Skip to Content

TAREFAS PARA MANTERNOS ACTIV@S

Está claro que por aquí non podemos continuar coa dinámica das clases, pero si que me parece importante que nos manteñamos activos para levar mellor esta tempada, xa que pasamos moitas horas na casa.

Propóñovos este caderno de actividades que vos reto a facer cada día. Non vos vou avaliar eu, senón vos mesmos, cada día que cumprades o obxectivo que vos propoño, tedes que pintar ben bonita esa casilla como conseguida. Non vos preocupedes se un día se vos esquece facer algunha, o día seguinte teredes dobre traballo para facer o atrasado.

Se tedes calquera dúbida, ou queredes mais ideas, podedes poñervos en contacto comigo polo correo evaad@edu.xunta.es, e eu intentarei axudarvos no que precisedes para conseguir estar activos, e facer esta espera na casa o mais entretida e saudable posible!

 

DESCARGA AQUÍ A TÁBOA DE TAREFAS POR SEMANAS

 

click para descargar--> 1º SEMANA: 23 marzo a 29 marzo

LUNS

MARTES

MERCORES

XOVES

VENRES

SABADO

DOMINGO

23 marzo

24 marzo

25 marzo

26 marzo

27 marzo

28 marzo

29 marzo

 

Recordas o quecemento de clase? Faino todas as mañás!

 

 

Imita as posturas de Ioga que aparecen abaixo

ver abaixo as posturas

Tes un globo? Convence a alguén na casa para xogar ao voleibol con el.

Se non tedes globo, pódenos valer unha bolsa ben chea de aire, ou incluso unha boa bola de papel de xornal.

 

Bailar dúas cancións que che gusten.

Sempre é mais divertido bailar con alguén.

Fai 3 boliñas de papel de xornal, e intenta facer malabares.

É difícil, non desesperes aos 3o segundos, empeza con 1, logo con 2, e despois inténtao coa 3ª a ver que pasa! (video abaixo)

 

Colle 10 tubos de papel hixiénico (ou parecido) cos pés, e vainos metendo dentro dun caldeiro ou bolsa. Intenta facelo en menos de 45 segundos.

 

Monta un pequeno circuíto como os que facemos na clase. Recorda que tes que ter onde saltar, onde agacharte e onde reptar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- Posturas de ioga: facer click aqui

- vídeo explicación de malabares: https://www.youtube.com/watch?v=aotaVzfDXPk

 



contido_mestres | by Dr. Radut