Skip to Content

1º Primaria

Ideas para xogar e traballar os números ata o 100

  • Comezar nun número calquera (inferior a 100) e ir de 2 en 2 ata 100, de 3 en 3 e de 5 en cinco.

  • Comezar nun número inferior a 70 e ir cara atrás de 2 en 2, de 3 en 3 ou de 5 en 5.

  • Buscar dous números que sumen 10, 20, 30...

  • Dicirlles un número calquera e que digan o anterior e o posterior.

  • Utilizar as expresións: maior que... menor que... e igual que...

  • Pensar un número e que teñan que adiviñalo dando pistas como: nas decenas hai un 3, nas unidades hai un 2.

  • Tamén podedes practicar cos típicos xogos como: o parchís, a oca ou o bingo e incluso elaborar os vosos propios taboleiros.



contido_mestres | by Dr. Radut