Skip to Content

Sorteo das rifas

Hoxe fixemos os sorteos e xa temos @s 3 gañador@s!!

Sorteo do pack de papelería e almorzo: 14(morado)

Sorteo da cea para dúas persoas: B03 (amarelo)

Sorteo do pack de comida: B01 (verde) 

Podedes pasar polo centro a recoller os premios en horario de 9:00 -14:00

No  Blogue da Biblio tedes as fotos das mans inocentes que se encargaron de repartir fortuna

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2021/05/sorteo-das-rifas.html

ABERTO O PRAZO DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

Querémosvos informar de que está aberto o prazo para solicitar axudas para material (todos os niveis de primaria),  adquisición de libros (1º e 2ª) e para participar no fondo solidario de libros (3º, 4º de EP).

Pódese presentar a solicitude de xeito telemático, na aplicación fondolibros da Xunta ou de xeito presencial. Obteranse os impresos descargando e imprimindo o arquivo adxunto . En caso de ter dificultade para isto, podedes recollelo no centro.

Para entregar as solicitudes  presencialmente mellor facelo en horario de secretaría de 12:30 a 13:10

Segundo a Orde 6 de maio, de 2021, as condicións son as seguintes:

Participación no fondo solidario de libros:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

 A contía das axudas para adquirir libros de texto será:   Alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

Axudas para material:

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 50 €.

Renda per cápita da unidade familiar:

1. Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 entre o número de membros computables, tendo en conta que, computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

2. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

3. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

Membros computables da unidade familiar

1. Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

3. Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

4. En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2019, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente.

c). Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Obrigas das persoas beneficiarias:

Devolver os libros de texto do fondo 2020-21 e telos conservado en bo estado. A falta de devolución destes será causa de exclusión da participación no fondo solidario.

 

Publicada listaxe definitiva de persoas admitidas

Está publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas. Son as mesmas que figuraban nas listaxes provisionais. 

Deberán realizar a formalización  da matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

 

Listaxe provisional de admitidos

Na  cristaleira da entrada  interior do centro están publicadas as listas provisionais de admitidos e non admitidos. No caso das solicitudes de 5º de EP non hai admitidos porque non hai vacantes.

Ábrese un prazo de   reclamacións ante a dirección do centro de 5 días hábiles, a partir do seguinte á publicación. Rematará polo tanto o martes 20 de abril.

Unha vez rematado o mesmo publicaranse as listaxes definitivas.

Admisión de alumnado

Estimadas familias, unha vez rematado o prazo de solicitude de admisión de alumnado comunicámosvos que o alumnado que solicitou praza para 4º de EI (25), 6º de EI (2), 1º de EP(3) e 4º de EP (1) está admitido. 

Hai  que baremar en 5º de EI xa que temos  5 solicitudes  para 1 vacante e en 5º de EP onde  hai 2 solicitudes  para 0 vacantes . Unha vez que remate o prazo  para presentar a documentación precisa para xustificar os criterios alegados procederase á baremación e publicaranse as listaxes provisionais antes do 9 de abril.

Visita virtual portas abertas

 As medidas tomadas pola situación actual   non permiten  amosar o centro dun xeito presencial.

O alumnado do centro amosanos o centro nun video elaborado por eles.

Achégase un adxunto por se hai problemas de visionalo neste cadro.

 

Relación de vacantes.

No documento adxunto figura a relación de vacantes.

Para consultar zonas de escolarización podedes utilizar a páxina:

http://xeoportal.santiagodecompostela.gal/visores/MapaEscolar/?locale=gl

Seguimos pendentes de colgar a visita virtual...

Solicitude de admisión

Bo día! Estamos ultimando a  visita virtual ao centro e subirémola en canto a teñamos  lista. 

No documento adxunto tedes a contestación ás preguntas que nos fostedes facendo ata o de agora e irémolo actualizando a medida que nos fagades chegar novas dúbidas.

Se queredes ver o que imos facendo día a día visitade o blog da Biblioteca https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/ ou o blog da ANPA https://anpaapostolo.blogspot.com/ 

O prazo de solicitude de admisión estará aberto dende o día 1  ata o 22 de marzo.

No portal da Consellería tedes toda a información e os impresos https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, tamén dispoñedes deles no centro en horario de mañá 09:30 a 13:30 ou de tarde 16:30 a 18:30.

Un afectuoso saúdo dende o CEIP Apóstolo Santiago.

 

Plan de Continxencia e Horarios espello

Nos documentos adxuntos está actualizado o Plan de continxencia e os Horarios espello para o 2º e 3º ciclo de EP.

Protocolo COVID versión 3

No adxunto tedes á vosa disposición o Protocolo deste centro  na versión 3 .

Xa figuran nos anexos algúns dos planos das aulas realizados polo alumnado. En canto vaian  estando rematados os outros subirémolos tamén.

Saúdos

Distribuir contido


by Dr. Radut