Vive o Samaín no cole!

Achégase a celebración do Samaín e con el o gran concurso de cabazas.

Dende a Biblioteca, Aquilino, anímavos a participar no mesmo. Pinchade sobre a imaxe e descubride que se lle ocorreu ao noso Trasno este ano.

Listaxe libros

Etiquetas :

Día das letras galegas 2023

Día das letras galegas: Francisco Fermnández del Riego. Premede na imaxe para ver a actividade.

 

 

Traballamos de igual forma a súa figura a través do material anexo recollido neste pequeno vídeo de recapitulación.

 

Semana das múltiples capacidades

Etiquetas :

A semana das múltiples capacidades estivo adicada aos contos e dende biblioteca propúxose esta actividade de lectura para sensibilizar ao alumnado.

Pódese ver a actividade premendo na imaxe.

 

A arte de aprender

Benvidos a arte de aprender. O museo "A Fraga do Trasno" abre as portas para presentarvos o proxecto anual de Biblioteca.

Podedes acceder a toda a información premendo nas imaxes.

 

Fondo solidario libros

Etiquetas :

Dende mañá abre o prazo para solicitar a axuda para Libros e Material escolar para o vindeiro curso, 2023-2024.

Podedes ver un resumo da orde premendo na seguinte imaxe.

DEPORTES ALTERNATIVOS: O COLPBOL

Durante este curso, introducimos o Colpbol como un deporte que parte da igualdade entre xéneros e cuxo principal obxectivo é o disfrute e a aprendizaxe de valores asociados a actividade física, deixando a competitividade e individualidade nun segundo plano.

Aquí podedes ver un pequeno exemplo das súas normas e xestos técnicos máis báicos. 

Saída a Ribadeo

Etiquetas :

Aquí tedes unhas imaxes da nosa saída a Ribadeo.

Infantil e 1º de Primaria gozaron de unha mañá de cine, paseo,  e Merenda no Parque da Praza de España de Ribadeo.

Premios MOEXMU 2023

Etiquetas :

Este pasado luns, en Muimenta, entregaronse os premios de Redacción e Debuxo da festa da filloa da MOEXMU.

O noso alumnado participou nesta iniciativa impulsada polas titoras e titores do noso centro.

Presentáronse en varias categorías e o resultado foi espectacular.

Obtiveron dous premios, un na categoría de Narrativa e outra de Debuxo.

Os nosos gañadores foron:

Eva Cabado de 5º de Educación Primaria e Érik Lorigados de 4º de Educación Primaria, a primeira na categoría de narrativa e o segundo na categoría de debuxo.

Noraboa aos gañadores e, sobre todo, a todos e todas as participantes.

Para ver a entrega picade na foto.

Os Ecosistemas

Etiquetas :

Os nenos e nenas de 3º primaria estiveron traballando os diferentes ecosistemas e os compoñentes que o forman. Por iso, propuxémoslles coa axuda das súas familias representar distintos ecosistemas, e esto foi o resultado do seu gran traballo.

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design