Skip to Content

PROXECTO BODY: QUÉ É?

Versión para imprimir

O IES A Sangriña (centro coordinador), O CEIP a SANGRIÑA, a residencia da terceira idade, Avelaíña e San Xerome participará durante os tres vindeiros cursos (período 2015-2018) xunto con centros de ensino de Francia, Portugal, Polonia, Italia, Reino Unido e Romanía, nun proxecto asociativo interescolar promovido pola Comisión Europea dentro do sistema Erasmus+.

O tema en torno ao que xira o proxecto é a reflexión sobre o corpo humano desde diversas perspectivas: físicas, emocionais, sociais, artísticas, nutricionais etc. A multidimensionalidade e a complexidade de relacións que o tema suscita está garantida e reforzada na colaboración que o noso centro recibirá do CEIP A Sangriña, do Centro Avelaíña, do Centro de Educación Especial San Xerome e da Residencia para a Terceira Idade "Monte Tecla". A colaboración e a implicación dos citados centros fai deste proxecto un marco convivencial e de integración no que traballan, participan e disfrutan a pé de igualdade tanto alumnos e alumnas de primaria e secundaria, persoas con necesidades educativas especias e os nosos maiores. As actividades programadas son de moi diversa índole: talleres de danza, exposicións, xornadas de convivencia, conferencias etc. Todo isto combinado con viaxes de intercambio que alumnas e alumnos do IES A Sangriña realizarán aos distintos países socios do proxecto.

 

O programa supón un claro exemplo de actividades deseñadas baixo o criterio de integración e de convivencia interxeracional, polo que este proxecto se presenta como unha experiencia única dentro do panorama escolar da nosa comarca, o que supón un fito e un claro precedente de apertura da escola cara á unha nova sociedade que demanda novos retos e actitudes.



page | by Dr. Radut