Skip to Content

MANUALIDADES DO NOSO SANGRIÑENTO SAMAÍN!!!

Falta moi pouquiño para o día máis terroríficooooo.

Para prepararse, o cole encheuse de esqueletes, bruxas, cabazas, carautas, teas de araña...que nenas e nenos fixeron con ilusión en diversos talleres e nas aulas.                  

Nenas en nenos en acción!!!! 

Paseando polo cole atopamos moitooo medo e creatividade:

 

ACTIVIDADES NA SANGRIÑA

Tamén polas tardes encontraredes actividade no Centro.

Retomada a normalidade, volveron as actividades que organiza a ANPA (https://anpaasangrina.com/) que quedan deste xeito:


Así mesmo, dende a vindeira semana, nas tardes dos luns, mércores e xoves, retoma a actividade a Biblioteca do Centro cheiña de boas lecturas e outras cousiñas como poderedes comprobar. No seu blog poderedes atopar toda a información.

http://bibliopepinho.blogspot.com/

En exclusiva tamén presentamos  o proxecto anual do Centro que estará coordinado pola Biblioteca Escolar:

"A Guarda é vida"

 

ESTÁ CHEGANDO!!!! SANGRIÑENTO SAMAÍN!!!

Acércase a festa máis terrorífica e o Equipo de  Extraescolares quere achegar algunhas das actividades que se van celebrar...

HAHAHAHAGuayESTADE PREPARADXS!!

 

A ORIXE DA NOSA LINGUA GUAPA

A RAG (Real Academia Galega) estrea esta curta de ficción coa que pretende achegar ós máis cativos/as a lingua galega dun xeito ameno e diferente. Nesta ocasión explícanos o proceso de formación da nosa lingua galega.

Baseada nunha idea orixinal da escritora FINA CASALDERREY e a mestra-meiga Fátima R. Ruibal que protagoniza o guión acompañada do alumnado do CPI St. Lucía de Moraña, centro no que exerceu como mestra Fina Caslderrey.

Aquí deixamos o vídeo:

  

E a canción: LINGUA GUAPA: 

IMAXES DAS XORNADAS DE BALONMÁN

Remataron estas xornadas nas que o noso alumnado de Infantil e primaria coñeceu e puxo en práctica o balonmán.

Estas xornadas leváronas a cabo de xeito conxunto o MECALIA  ATLÉTICO GUARDÉS  e o ATLÉTICO NOVÁS.

Estiveron presentes os dous coordinadores da canteira Fabio Lima do Guardés e César Armán do Novás. Con eles tamés estivo a porteira do Guardés, Miriam Sempere.

Aquí deixamos imaxes...canto desfrutaron!!! Graciñas!!!

INICIAMOS OS TRABALLOS NA HORTA

Chegou o momento de preparar a nosa hortiña!!! Neste momento participa neste proxecto o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria.

O curso pasado tivemos moi boa colleita, así que...mans á terra!!!

Nunca mellor dito, comezamos por arrincar as malas herbas, traballo no que as nosas nenas e nenas puxeron todaaa a súa forza e ilusión.

Non o credes...ollade, ollade: 

Logo sacharon

Abonaron co compost que producimos no cole:

 

E...a plantar!!! Brócoli, repolo e coliflor.  Sen esquecerse de regar claro!!

COÑECENDO O BALONMÁN

Esta semana o noso alumnado  vai recibir a entrenadores e xogadoras do Club Balonmán Atlético Guardés para recordar e explicar as normas deste deporte e xogar algo claro!!!

Estamos encantadas/os de recibilos!!!

 

Ademáis o Centro recibiu esta invitación e quere trasladala ás familias por se desexan apuntarse:

PATIOS ACTIVOS

Organizado pola profe Lucía Lima e polo profe Noel, o alumnado vai desfrutar este curso de PATIOS ACTIVOS durante o tempo do recreo. 

Cada grupo clase levará unha caixa con distintos xogos: populares, de baile, de expresión corporal, propios da área de Educación Física, xogos de mesa adaptados e deportes alternativos.

 

Ademáis levan en cada unha as instrucións de uso :

 As caixan cambiaranse semanalmente sendo responsabilidade de todas as nenas e nenas da aula do seu coidado. O profe Noel estase encargando da súa explicación á que os rapaces/as asisten sen perderse nadiña do que explica, moooi atentos/as.

Estupenda iniciativa da que desfrutarán moitoooo!!!

FOTOS GRUPAIS DE PRINCIPIO DE CURSO

E chegou o día tan esperado!!! Gañas de ver ós compis, de ver o cole con ventás novas, de comprobar canta luz hai, de coñecer as mestras e mestres...

Imaxes fermosas, cariñas felices...Benvidxs ó cole nenxs!!!

 

INICIAMOS UN NOVO CURSO

Todo preparado con moooitaaa ilusión para recibirvos rapazas e rapaces. Este é o desexo das vosas mestras e mestres:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut