AVALIACIÓN DIAGNÓTICO 4º EP En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias: FORMACIÓN MES DE ABRIL No vindeiro mes de abril imos estar cargados de formacións moi interesantes, tanto para o noso alumnado como para as súas familias. - 2 de abril. Asociación VIEIROS; utilización de pantallas, adicións e ferramentas. Tamén para familias en horario de 16 a 17:30 horas. Internet e redes sociais Teléfono móbil e smarphone Videoxogos Xogos de azar Como identificar o problema, cando debemos preocuparnos Pautas para unha boa saúde dixital, control parental - 17 de abril. Obradoiro de compotaxe, só para o alumnado. Impartido por Andrés Silva Vázquez -22 de abril. ARKHE. Taller en horario de 16 a 17:30 horas na que participan de xeito simultáneo as familias cos seus fillos/as. Sobre creatividade artística literaria. BASU-FAUNIA Obra insprirada no concepto dos Binomios Fantásticos (Giam Rodari) e a Teoría das pezas soltas ( Nicholson) Fomentar a lectura e a creatividade a través da unión das ideas que aparentemente non teñen relación para que surxa unha idea para un texto narrativo, unha historia. Imparte Alma Blanco Ferreiro - 23 de abril. Stop Accidentes. Formación en educación vial. Moi interesante e importante para familias. O horario das familias de 16 a 17:30 horas. Trataremos os sistemas de retención infantil nos vehículos. O alumnado de 3º a 6º de primaria deberá traer a súa bicicleta para participar na parte práctica. - Con data por confirmar. Temática sobre alimentación saudable e referencia ás merendas escolares. Formación a cargo da nutricionista do Centro de Saúde de Ponteceso Rocio Sánchez Canicoba. En breve pasaremos un enlace online para que vos poidades apuntar a estas formacións. PERÍODO DE ADMISIÓN Clica para ver máis información
Clica aquí para acceder ás novas do noso colexio.
|
|||
|
|||
|
|||
PLAN DE AUTOPROTECCIÓN PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID Novo protocolo covid da Consellería de Educación (Xunta de Galicia) 20 de maio de 2022. Protocolo do CEIP As Forcadas Débese ter en conta que o que entre en conflito coa última versión do protocolo da Consellería non terá efecto práctico. COMUNICADO DA XUNTA SOBRE USO DE MÁSCARA |
|||
No seguinte enlace podedes ver as normas de usa da biblioteca para o curso 2020/2021 |
|||
Dende o CEIP As Forcadas queremos recordarvos que esta semana do 20 ao 24 de abril conmemórase a semana do libro. Dadas as especiais circunstancias, non o poderemos festexar como se merece, pero aínda así queremos salientar a importancia dos libros e da lectura na nosa vida. Por iso gustaríanos proporcionarvos acceso a algúns materiais de lectura gratuíta online. Por suposto, é solo unha proposta de lectura optativa, xa que seguro que estades a ler moito e nas vosas casas atopades moitos outros libros e lecturas. Ánimo e Saúde
|
|||
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto curso de Educación Primaria, quérenvos facer chegar este vídeo dende as súas casas para que o confinamento sexa máis levadeiro. Mirade a enerxía que se gastan! Desexamos que vos guste COVID QUE TE VIN (preme) |
|||
O departamento de orientación organizou unha proposta para comemorar o Día Mucial do Síndrome de Down https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=qDGS4VtrR9TKfXBLknIv |
|||
Hoxe celebramos o 8 de marzo na escola e para conmemorar este día que mellor que contar coa presencia de dúas das mulleres que aparecen reflexadas nas biografías do noso fanzine: Corme mar e terra: o papel das nosas mulleres. Uxía ilustrou a vida da súa avoa Rosalía e Fiz a da súa nai Eva. Foron hoxe elas dúas, Rosalía e Eva as que nos achegaron como é a vida e como foi no pasado de dúas das mulleres que viven no noso territorio. Tanto Eva como Rosalía fixeron fincapé nos múltiples traballos que desenvolven ao longo dun só día e foi Rosalía, xa xubilada, á que nos achegou un pouquiño de historia sobre o papel que mulleres coma ela xogaron en Corme nun pasado moi recente. Para máis info pincha AQUI
|
|||
Na súa segunda edición para o CEIP As Forcadas, chegan os contos de sabedoría para e botrato da man do conto "A pequena loba". No marco dos contrato programa, na liña de actuación adicada á mellora da convivencia escolar, desenvolveremos durante o mes de abril obradoiros conxuntos para familias e alumnado. Con dinámicas vivenciais e participativas, experimentaremos a través deste conto que ten como protagonista unha lobiña, o que é o respecto e a axuda mutua e as posibilidades de cambio persoal e relacional que as persoas, crianzas e adultas, podemos experimentar. Este obradoiro será impartido por Olalla Villaronga Seoane, psicóloga social experta en Terapia do Reencontro. Abrimos xa o periodo de inscrición para familias e alumnado. Animádevos co botrato! |
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »