Actuación da Banda do Tercio Norte

O xoves 28 de marzo recibimos a visita da Banda do Tercio Norte de Ferrol (TERNOR), que nos ofreceu un concerto didácto para o alumnado de 5º de EP. A sesión, con explicacións sobre a execución da audición, resultou todo un éxito. Con anterioridade ao concerto didáctico, e dentro dos Camiños Seguros do Concello de Narón, a comunidade educativa en xeral puido gozar da interpretacións de varias pezas antes da entrada ao colexio.

 

 

Actuación da Banda do Tercio Norte

DÍA PI

Organizado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse durante a mañá do 15 de marzo (por compromisos previos non se puido celebrar o 14 de marzo, 3/14 nos países de tradición anglosaxona) o Día do número Pi. Todos as aulas de Primaria formaron cinco grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha frase oculta.

Estamos desexando que chegue o 3/14 do ano que vén para xogar outra volta co número pi.

VISITA DA POLICÍA NACIONAL

Todo o alumnado do CEIP A Solaina coñeceu a cinco axentes da Policía Nacional que nos visitaron o 14 de marzo. Falaron e escoitaron aos membros do corpo policial que se achegaron con varios vehículos. Tamén lles ensinaron diverso material utilizado normalmente polos axentes. A diversión e o coñecemento estiveron aunados durante toda a mañá coa visita policial. Para ver as fotos pincha na foto.

@CEIPMARQUESESDELINARES

CHARLA SOBRE ECONOMÍA CIRCULAR

O alumnado de quinto de primaria puido asistir o 13 de marzo a unha sesión sobre Economía Circular impartido polo director de comunicación da firma ITE Ambiental e patrono da asociación Galicia Ambiental, Benito García. Contamos con que a charla vaille espertar ao noso alumnado a sensibilidade sufciente para converterse na vangarda do cambio de modelo que está por chegar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Animación á lectura: Pedro Mañas

Organizado polo equipo da Biblioteca, o escritor madrileño Pedro Mañas visitou o noso centro. O alumnado de 4º descubriu a súa obra e coñeceu en persoa os avatares da súa biografía, realizando unha bateria de preguntas ás que o autor respondeu con satisfacción, sobre todo as preguntas relacionadas co libro que tan ben coñece os noso alumnado, Apestoso tío Muffin. Pincha no enlace para ver as fotos do evento.

ENTROIDO NA SOLAINA

O día 1 de marzo, venres, celebraremos o Entroido na Solaina. Realizaremos un pasacalles polo barrio con saída prevista para as 10:00 horas. O percorrido será o que aparece no plano. En caso de chuvia, cancelarase o pasacalles, e a celebración será só para o alumnado no propio centro educativo.

 

Pregamos as familias que non se metan no medio do desfile para non interferir na marcha nin provocar retrasos.

 

 

O Meco "Loco"  farase na semana do 25 de febrero ata o propio 1 de marzo e os seus mandatos son os seguintes:

1º día (luns): “ Para o Entroido comezar un calcetín de cada cor deberás levar.”

2º día (martes): “Para adornar o teu pescozo trae algo asombroso.”

3º día (mércores): “ Na cabeza, na cabeza gorro perruca ou pañoleta.”

4º día (xoves): “ E para continuar a túa cara has de adornar.”

5º día (venres): “Saias, vestidos, camisa, tul, capa,…o que ti queiras traerás e o Meco Loco rematarás.”

O equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares

 

DÍA DA PAZ

Debido ás condicions meteorolóxicas adversas o día de 29 de xaneiro non puidemos realizar a ANDAINA POLA PAZ prevista para esa tarde. En cambio, ao día seguinte, 30 de xaneiro, celebramos o día da paz cun acto no que o alumnado de 3º e 5º tocou e cantou a canción Clandestino para todo o colexio. Podes para ver as imaxes do evento.

Visita ao CIFP Ferrolterra

Dentro do Proxecto Atrévete 18-19, o alumnado de 6º curso de primaria acompañado polos seus titores/as e orientador do centro, visitarón varios obradoiros do CIFP Ferrolterra. Foron recibidos polo Director e Orientadora do centro recibindo un agasallo consistente nunha mochila e un pendrive. O obxectivo deste programa é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades. Desexando de que se queren desenrolar algunha inicitiva de futuro no mundo empresarial e laboral que se atrevan a redactala e dita redacción será enviada a un concurso "ATREVETE 2019". Lembramos que nalgún curso anterior xa gañou dito concurso un neno deste centro. Concurso “Atrévete a ter unha idea”: Dirixido ao alumnado participante neste programa. Consiste en buscar unha boa idea de negocio, redactada como máximo en dous folios. Os traballos serán individuais. O prazo para a presentación remata o 22 de maio de 2019.

 

 

CALENDARIO ACTIVIDADES ED. VIARIA. 2º TRIMESTRE.

                                                                           EDUCACIÓN VIARIA.

                                              ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE.

DIA MES ACTIVIDADE CURSO
MARTES,19 FEBREIRO CARRO EDUCACIÓN VIARIA

 

1º 

 

MARTES,19 FEBREIRO CIRCUITO DE HABILIDADE

 

 

XOVES,21 FEBREIRO CARRO  EDUCACIÓN VIARIA

 

 

XOVES,21 FEBREIRO CIRCUITO DE HABILIDADE

 

 

             

                 Podedes ver algunhas imaxes premendo no seguinte enlace.

 

 

  CARRO EDUCACIÓN VIARIA                                  CIRCUITO DE HABILIDADES

                                                            

Distribuir contido